Miñas, túas, súas... as letras galegas

Miñas, túas, súas… as letras. “Súas”: de quen queira vir a elas escoitádoas, léndoas, admirándoas. “Túas”, querido lector, cando as comprendes, as saboreas como se fora unha cata de queixos ou de cereixas, un viño afroitado que che deixa un aquel de selvático sentir. “Miñas” porque as respiro, porque son o latexo...

Muller soñada

Corpo de muller, terra fértil, para sementar nas sestas ou nas noites, ou enchelo de lúa e primavera. Corpo fermoso, morno, onde todas as lendas teñen deuses, onde todas as bandeiras patria quente, onde todos os mares teñen faros… Alma de muller, latexo ardente,...

Carta para os Reis Magos

Supoño que se acordan de min. Son a nena do can máis bonito, a que leva o moneco debaixo do brazo, a neta da que ten o postizo para facer o moño, a do avó que conta os contos de máis risa. A da casa azul. Xa saben, a de sempre. Escríbolles, Maxestades, para que me...

O outono e o colexial

Buscando ven o seu camiño, despreguizándose, abríndoselle a boca e engradándolle os ollos, o outono con cara de colexial. Saberá cantar a nota do teu son? Saberá entoarte e definirte, a ti, outono de ouro, añil, encarnado, prata e púrpura, verde…...

Amor de verán

Ia aproximándose a túa cara á miña. Os meus ollos ensoñados ante os teus. Sinto o teu corpo achegarse a mín para despedirte, as túas vacacións rematan e ti marchas xa. Mordes a boca e asoma a mirada chorosa, luminosa que me namorou, agora presa dunha...

Pregón con aturuxo para as nosas festas

Que veñan os nenos e as nenas, os mozos e os vellos, homes e mulleres. Que traian o can e o gato, o paxariño ou o peixe, pero que veñan xa porque a festa vai empezar. Bendigamos a vida que nos late nas veas que ela tamén  sabe bendicir a quen a festexa e celebra. Que como di o meu...

Conxuro particular para o lume de San Xoán

Lume purificador que abres a porta do verán e unes os corazóns namorados coas vetas dos mil amores. Brasas de ardentes entrañas que chispean nas muxicas e queiman o malo que vive en nós, eso ruín que nos alonxa da beleza que nos fai libres. Danzade, chamas vibrantes, azuis e...

Voz da miña terra

Voz harmoniosa da miña Terra Galega que aínda sentes os ecos da melancólica canción que conmoveu os carazóns de Europa nesta edición de Eurovisión. Esa es ti, fala dos primeiros poetas, dos que cantaron coma ninguén o efémero. Ai estabas ti, voz...

Mamá, Terra Prometida

Coma a mamá paporrubio, sabes buscar, seductora, o mellor compañeiro para criar os teus filliños indefensos. Serás mamá chimpancé, entregada e amorosa, disposta a facer mil leitos diferentes confortables e garimosos. Es mamá gatiña cando ronronas pegada a min,...

Papás

Baixo a lúa de marzo chegan pai e fillo. As súas siluetas semellantes e con idéntico ritmo ó andar, cruzan o parque. Van falando coma dous homes serios e competentes nos que a diferencia de idade non importa. Os temas están a altura da emoción, e esta non se mide en...

Amar, amor

Volver a amar, mil veces se é preciso, aínda que sempre sexa a ti. Volverte ver asi, como aquel día cando a Lúa tiña cariña de gatiña casadeira e o Sol lle chiscaba o ollo, seductor, para matala de amor. Pillabán, que contaxiou a todos cantos contemplamos o...

Don Quixote e Sancho dinnos adeus

As copas estralaban ó xuntarse unhas coas outras e debuxábanse sorrisos nas caras dos que cantaban e bailaban para despedir o ano vello.  -Chegou a hora de dicirvos adeus, xente amable destas Terras da Ribeira Sacra. Este fidalgo agradécevos as atencións e prebendas, as...

Don Quixote e Sancho deséxannos felices festas

Olusco e fusco debuxaba as siluetas de Don Quixote e Sancho subindo, ó lombo dos seus cabalos, polo Alto do Rego, dirixíndose ás Mámoas de Moura. Alí detivéronse e observaron os penedos e as montañas ó lonxe.  -Estamos entre dous mundos, Sancho. ...

Don Quixote e Sancho van de magosto

Coido eu, Don Quixote, que me debería facer algún día vuesa mercede un exame para comprobar, hip!, se xa estou eu preparado para o nobre oficio de gobernar e ser digno embaixador da Insula que vuesa mercede me ten prometida.  -Has estar á altura das circunstancias dos teus,...

Don Quixote no Samaín

Leal Sancho, non sabes ti ben que morriña me dan a min estes días do outono curtos e lentos , nos que o tempo acada unha dimensión escatolóxica, ou filosófica, ou poética… non sei, Sancho, pero sinto o pasar do tempo sobre as cousas e sobre nós, e...

Don Quixote devoto do mencía

Oh! leal Sancho, pensei eu que nestas celestiais terras da Ribeira Sacra nos iamos librar de entrar en máis combates pero non vai ser desta guisa, senon ó contrario, nobre escudeiro, vai ser mester enfundar ben o xelmo e protexer o máis posible as nosas cabalerías porque o sangue corre...

Don Quixote vota

Sigamos sen desfalecer, leal Sancho, desfacendo entortos polos camiños do mundo e vexamos se algún menesteroso precisa dos nosos auxilios. -Con razón lle chaman a vuesa mercede Quijano el Bueno… pois aí hai unha morea de xente reunida… -Con toda seguridade,...

Don Quixote e os cabaleiros da ESO

Creo que nos torcemos de camino, leal Sancho… Que Rocinante pensou ser o cabalo Clavileño e tan grande chouto diu que nos apartou da Ribeira Sacra e tróuxonos a outro bendito lugar. Pero ben sabes ti que propio de cabaleiros andantes e ir sen rumbo alá a onde nos leven os invisible lazos...

Don Quixote Go

Cabalgando seguimos, leal Sancho, por este estreito sendeiro para que, á sombra destes carballos, poidamos continuar coas nosas andanzas e aventuras nesta singular terra da Ribeira Sacra onde as súas xentes amantes son da boa mesa e do donaire, homes valentes e belas damas… pero non máis...

Don Quixote e os nenos

Aque se debe este aire alegre con esa música de fondo entre falar e cantar, leal Sancho? -Son os nenos, meu señor, os nenos que xogando están desfrutando das súas vacacións e lanzan o seu rechouchío polo pobo enteiro. -Os nenos, leal Sancho, son a esperanza do...