Camiño da liberdade

Cando se achega un período electoral, preséntanse ocasións para falar de todo e para escoitar ás políticas que falarán sen parar do goberno, de machismo e feminismo, dos parlamentos, dos concellos, dos alcaldes, dos concelleiros e conselleiros, das deputacións, presidentes e deputados provincias, dos asesores, dos...

Cantos eran?

Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) elabora cada tres anos o coñecido, recoñecido e temido informe PISA, siglas en inglés do Programa para a Avaliación Internacional de Alumnos. Daqueles que chegan ao final da súa etapa de ensino obrigatorio, daqueles mozos e mozas que andan, cos...

Respecto

Unha nai e unha filla foron ao despacho dun docente universitario e intentaron partirlle a cara. Ao parecer ningunha das dúas mulleres estaba conforme co nota dunha delas, coa nota que o profesor escribira, despois do correspondente exame, na ficha da estudante, no expediente de seu, no taboleiro de anuncios e na...

Efectos mortais

Un labrego da montaña do Sur de Lugo estaba sorprendido pola visita dun par de homes da cidade que se achegaron á cortiña ao pé da casa onde el vivía, para ver a espontánea produción das herbas malas que había. –E, vostedes quen son? Que queren? Que fan? Para onde van? De onde veñen?... Varias preguntas e ningunha...

Durmir e espertar

Non hai nada que facer. Cando pasan unhas cantas horas, os espertos teñen que durmir e, se é o caso, soñar. Teñen que descansar entre sete e oito horas cada día, unha terceira parte do tempo, unha terceira parte da vida durmindo e, mentres tanto, cavilando, arrimando o ombro á parede e vendo pasar o tempo. Entre...

Para negociar e trasixir

Baixaba mirando e observando o que pasaba diante da biblioteca onde de nena, cada día, lía e xogaba con aqueles múltiples xogos de intelixencia que alí había. Camiño da casa, fala cun amigo e discuten sobre a lingua, sobre os cambios que se producen cada ano na lingua e que se reflexan no dicionario da Real...

Recordar é saudabel

Aló vai o ano e aí vén febreiro de 2019. Despois marzo, abril das augas mil, maio e o verán, para chegar enseguida, en menos de que canta o galo, outro decembro terminal. Agardamos que este que comeza sexa venturoso para todos os lectores deste xornal, para todos e todas, en xeral. Rematou o ano do vinte e cinco...

O Gordo

Hai un gordo que gusta moito á xente, aos vellos e vellas, mozas e mozos e á maioría dos de idade intermedia. O Gordo do 22 de Nadal, que reparte ledicia, cada ano, por onde vai. Un Gordo que sae do grande negocio estatal da lotería, un negocio que comezou  na época das Cortes de Cádiz, cando un...

A morte

Que é a morte? Ninguén quere explicalo. Parece que é quen de transmitir moita tristura e pena, é certeza absoluta, un paso seguro cara o recordo e/ou cara o esquecemento. O poeta mexicano, José Emilio Pacheco Berny,  nun dos seus poemas, di que todo volve a ser po, xa que “é verdade que os mortos tampouco...

Discrepancia

Andan os tempos revoltos e hai quen pensa que é por culpa da política, debido ao desentendemento entre uns e outros, por mor da pouca atención que se lles presta aos obxectivos, aos principios, aos intereses colectivos e aos intereses dos outros. Andan os tempos revoltos, avoltos como o viño quente. E, cadaquén co...

Don Xesús e Don Bieito

Son dous referentes importantes na Galicia destes tempos, na cultura de Galicia de mediados do século pasado e no que vai deste, Don Xesús Alonso Montero e Don Bieito Ledo Cabido, o profesor e o editor, quen foi presidente da Real Academia Galega e quen é presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, teñen no...

As termitas loitadoras

O caruncho, o dentón, o cornizó e a carcoma son o mesmo, destrúen todo canto poden e canto comen, fan doer a cabeza daqueles que queren e coidan a madeira sen vermes, sen furados e sen po cada vez que se move a cama. Catro palabras para dar nome a un insecto dos coleópteros que produce desasosego, intranquilidade e...

Humanidade e solidaridade

Andan os cans na bouza. En Santiago de Compostela van pola Alameda recreándose, paran xunto de Valle-Inclán e dende alí outean, contemplan a cidade vella, miran para a catedral e para o concello, dan a volta, andan polo paseo da Ferradura e ladran, tal como se fosen escorrentando ao lobo que vai comer as ovellas....

O inverno

Ooutono, ao parecer, é a estación do ano que segue ao verán e que comeza o vinte e dous  ou vinte e tres de setembro, para rematar xusto tres meses despois e darlle paso ao inverno, “a estación máis fría das catro que ten o ano”, con outros tres meses de duración alongándose, no hemisferio norte, ata o vinte e...

Silencio

O seu longo silencio transmitía mensaxe de fondo calado, sorprendía á audiencia, mentres as persoas que enchían a ringleira de oradores quedaban atónitas, sen saber como reaccionar e sen saber que dicir ante tan forte expresión calada.  Era un silencio pausado que falaba solo, que formaba parte da oratoria...

Ciencia e progreso

Se falamos de ciencia, parece que estamos falando de algo serio e transcendental, parece que estamos aludindo a algo capital, crucial para a vida da humanidade e mesmamente para vida individual de cada quen. Dicíao moi ben Isaac Asimov, “un sutil pensamento erróneo pode dar lugar a unha indagación frutífera que...

O quinto sabor

Aque sabe a gloria? Ese honor, esa fama alcanzada polos méritos propios, a que sabe? A nada e a gloria ao mesmo tempo. Aí  temos un grande sabor que favorece ao latir do corazón e ao espírito cando se espreguiza, cando se espile, pola mañá, pola tarde ou a calquera hora. O sabor a gloria é diferente, moi...

Contradición permanente

Se conduces, non bebas nin fales por teléfono. Calquera destas dúas accións mata. Quen o diría?, quen pensaría que o progreso nas comunicacións era tan perigoso? Miles de persoas morren por mal uso do seu teléfono móbil, por convertelo nun instrumento de distracción, nunha perigosa ferramenta de incomunicación e de...

Vén o outono

O verán foise. Sempre é o mesmo, remata decontado aínda ben non empeza. Dura o que dura, o que sempre durou oficialmente, pero é pouco, para algúns, moi pouco. Aproxímase o período de escuridade, de noite longa, tan longa como o día de traballo ou como o día sen pan. Mentres tanto, o tempo vai pasando sen demora,...

A profesión do amor

Aquela guía telefónica que orientaba á cidadanía para que soubera a quen chamar cando necesitaba de alguén para un traballo de calquera casta que fose, agora non se ve en ningures, non deben publicala ou, ao mellor, xa non existe. Foise o guieiro dos oficios como tantas outras cousas (boas e malas) marcharon. Onde...