Arrimar o ombro

Chegou un destes días de tanto frío ao lugar onde nacera, onde xa naceran o seu pai e seu avó, os tíos e tías que tiña, as irmás e máis da metade da familia longa que o enchía de agarimo e gabanzas. Alí, no centro da praza, no cruce dos...

Non caledes nunca

Son inimigos e amigos ao mesmo tempo. Son os que son e van cantando polo camiño, cantando regueifas, falando e recitando versos de amor e de querencia, cantando cancións fermosas con música propia e letra dos poetas e versificadores locais, dos que saben dicir o que cómpre saber, dos que...

Seguimos!

Nada, non hai moito que mirar e moi pouco que ver. O mundo anda revolto e o tempo tamén. A política, desconcertante e os políticos en actitude de espera, expectantes, aínda que sabedores de que quen espera, desespera. O pobo perde a esperanza, que, como dicía Aristóteles,...

Vaia por Deus!

Na horta do cura non hai cereixas nin cirolas nin ameixas. Non hai peras nin mazás, nin marmelos nin conchos, nin arbores froiteiras como había. Non hai horta plantada, nin verzas que medren nin cenorias, nin leitugas nin repolos. Na casa do cura quedan as catro paredes co teito roto, silvas e...

Tía Manuela

Se temos que enumerar os grades riscos do planeta, non teríamos espazo suficiente no caderno, non teríamos follas dabondo para as ameazas dos cambios e dos elementos que os provocan con tanta distorsión, que alteran e deforman o que consideramos como normal.  Só o cambio...

Adiante

Sorprendente, foi tan sorprendente que xerou confusión nas súas contornas. O político experimentado, veterano xa nos anos noventa, con sinxeleza na mirada, na cara e no andar, con tristeza no maxín e intelixencia dabondo para ser, como foi, un magnífico representante do seu pobo,...

Desintegración

Anda o demo na casa. Ese gas radón que vén de abaixo, fíltrase e infiltra as paredes do edificio e os tecidos dos corpos das persoas para radialos, enfermalos e, seguramente, matalos. Os entendidos na materia non dan creto, andan apurados na procura de solucións efectivas, pero o gas...

Veñen coa desavinza

Estaba sentado nunha cadeira de madeira de carballo forrada con tela de cadros e coiro de vaca vella, con cor indefinida polos anos, ao carón da cociña e da televisión, da que saían ringleiras de noticias malas, da boca de experimentados profesionais consternados diante da desgraza que...

Rumor e mentira

Se corre o rumor, déixao pasar. Fronte á mentira, ouvidos xordos e fronte ao rumor, o mesmo, importancia mínima, ningunha. Andan os listos con vaguidades, facendo novas interesadas, buscando lucro na confusión e na desinformación. Andan os rumorosos zumbando, transmitindo...

Herdanza da calvicie

Era calvo dende rapaz e ao nacer xa tiña pouco pelo. Calvo total sen un pelo de tolo, non coma os burros, que non hai ningún sen el. Probablemente por iso as súas orellas grandes víanse moito máis e máis grandes parecían. A verdade é que as orellas de soplillo...

En branco

Quedou en branco e non puido dicir nada. Fora un estudante magnífico, é un profesional reputado, un lector incansable, un observador concienciudo e permanente, en fin, un home respectado, querido e incluso amado. Pero ese día, por motivos descoñecidos, quedouse en branco durante un curto...

Bautista de San Amaro

Foi un dos puntais nos que se apoiou o nacionalismo galego ao longo dos últimos cincuenta anos, un político de raza, de corazón, de formación e de pensamento, convencido de que o mundo pode e debe ser outra cousa, igual que Galicia ten que ser outra cousa. Bautista Álvarez...

Seguimos no camiño

Sendo certo que ano 1993 foi de enorme importancia para todo o relativo ao Camiño ou Camiños de Santiago, hai que recoñecer que houbo accións, feitos, estudos, e traballos de todo tipo, de moita xente que, deforma voluntaria, participaron nas brigadas de defensa e de apoio ás...

Cadaquén, no seu camiño

Xa está na porta de entrada o 2018, un ano que vén vinte e cinco despois dun dos grandes anos para o desenvolvemento de Galicia, o do Xacobeo 93, o ano do Pelegrín, cando Galicia entrou no mapa do mundo, por mor dun Camiño e dun proxecto deseñado para avanzar. Alá van vinte...

O eñe soa ben

Onde vai o eñe?  Perdeuse en internet e ninguén pode atopalo. Os políticos están expectantes, pero caladiños; os técnicos, investigadores, estudosos e usuarios dos idiomas que teñen esta letra incorporada ao seu abecedario andan preocupados e senten no seu...

Dor infinita

Dor infinita. Non se acordaba de nada, nin quen era, de onde era, de onde viña ou para onde ía. Tristeza e amargura de por vida, sen saber as razóns ou as causas e sen ter explicacións. A amiga e compañeira, periodista radiofónica coñecida e recoñecida dentro...

Mestras do espertar

A mestra ou mestre que a cada quen lle tocou cando era neno, cando daba os primeiros pasos para a adquisición de coñecemento, cando aprendía as letras, os números e o manexo do lapis para escribir o pouco que tería que escribir ao longo dos seus anos, foi probablemente unha das...

A medida do tempo

Que é o tempo? Para que se mide e cal é a unidade de medida e o aparello para medilo? Din os teóricos que xa na Idade Media se facía política co tempo, incluso, os tempos litúrxicos adaptábanse ás distintas estacións do ano. O dicionario da RAG di que...

A serra, polas alturas

Foi polas Serras cantado unha canción asturiana e, de volta, polas mesmas serras,  dende o Xurés á Capelada e ao Xistral, escoitaba o canto dos fados que levaba gravado nun `pincho´ conectado directamente ao seu enorme teléfono móbil. As serras setentrionais de Galicia,...

A luz da poesía

Entrañable señora das letras, Luz de nome, de noite e de día, Luz Pozo Garza da Mariña lucense, do seu Ribadeo natal, de Viveiro, de Madrid, de Lugo, de Marrocos, de Estremadura e de medio mundo. Coa música, coa poesía e a docencia andou por estes lares e por moitos outros,...