Un pobo sen tendas

Hai pouco máis dunha semana podíase ler neste xornal que moitos dos comercios da localidade de Verín, pecharon as súas portas por un día e taparon os seus escaparates. Non foi un desplome total dos negocios da vila pero si un aviso. A iniciativa foi promovida pola Asociación de Empresarios de Verín (Aever) co seu...

Don Villarejo portapartes

Cando un pensa en intrigas e espías, indefectiblemente, tendemos a traer ao maxín imaxes de fornidos bonds ou voluptuosas mataharis. Grandes e luxosos coches, arrobas de glamour ou o último en tecnoloxía son sinais de identidade  das historias que nos chegan a través da gran pantalla ou dos incontables...

Con fachas y a lo loco

Desculpen os cinéfilos o atrevemento de perverter o título da xenial película de Billy Wilder. Moi divertida, por certo. Curiosamente, polo menos para min, o que vou contar semella máis tirado dun filme de terror deses cheos de sangue e vísceras. Deses con señores que chegan do pasado para matar a paz e a...

O SMI, o FMI e as sobras para ti

Pois de verdade que non entendo tanto rebumbio e indignación pola postura de Pablo Casado (coñecido como Paul Married cando peregrina por Europa) con respecto á suba do Salario Mínimo Interprofesional. O que está a ser este rapaz, novo adalid do facherío medio rancio, medio nostálxico, é coherente coa súa grisácea...

A política vai de votos

Son tempos complexos para dedicarse a isto da cousa política. Dígollo eu. Cualificativos tenros e agarimosos como interesado ou corrupto, fan acto de presencia en calquer conversa sobre a materia. E, sen embargo, aínda sendo, certamente, desacougante o desprestixio da clase política por causa de Bárcenas, ERES ou...

A xustiza precisa un VAR

Hoxe vou propor que fagamos todos un breve exercicio de imaxinación. Pensemos nun trascendente partido entre o Barcelona e o Real Madrid. Por exemplo, na final da Champions. Día histórico con todo o universo coñecido e parte do outro, pendentes do acontecemento. No momento no que saltan os xogadores ao campo,...

Robin Masters

Estou case seguro de que xa non quedan xogos de palabras ou ocorrencias a artellar co termo de moda nas últimas semanas. Que se máster isto, que se máster o outro. Desde ben pequeno, sempre me preguntei quen era o paisano que inventaba os chistes. Quen podía ter o tempo e a habilidade de discorrer chanzas sobre...

Manifestación ou brisca de 6?

Tradicionalmente, unha das grandes fortalezas da esquerda política estivo na súa capacidade de mobilizar á cidadanía na rúa en determinados contextos. Moitísimos dos máis senlleiros avances e fitos alcanzados neste país foron esporeados en manifestacións ateigadas por milleiros de persoas e outras tantas...

O Astroturfing

O outro día, vendo un moi recomendable programa de humor da HBO, descubrín un neoloxismo apaixonante. O show é o “Last week tonight” de John Oliver. Un pouco de irreverente humor inglés, directamente nos fociños do auto-compracente “american way of life”. O termo de marras, astroturfing, a pesares de ser...

Franco non era Bambi

Cantas veces hai que repetir unha patraña para que deveña en media verdade? E en verdade absoluta? Pode, cadaquén, ter unha verdade diferente sobre feitos históricos concretos? Son preguntas que me fixen no contexto do debate acontecido en redes sobre o artigo que me publicou a semana pasada este xornal. O cambio...

Franquistas invisibles

Parece que á fin chegou a hora de cicatrizar unha vella ferida pola que levaba tempo desangrándose, o fráxil equilibrio da nosa imberbe democracia. En días pasados, o goberno aprobou o decreto que vai posibilitar a exhumación dos restos do pequeno ditador do Ferrol, outrora Caudillo de todas las Españas. Vaise...

A sanidade galega vén de África

Vou exercer de augur. Sen necesidade de recrearme na lectura da súa man nin nada diso, voulle aventurar algo do seu futuro. Se non é vostede un deus, un vampiro, Mick Jagger ou Jordi Hurtado, antes ou despois, vaina palmar. E é que desto de finar non se escapa ninguén. Antes devanaba moito os miolos coa cuestión...

Tranquilos todos, xa está de volta o fútbol

Pois nada, que xa estamos nela outra vez. Os multimillonarios en panos menores que corren atrás do xoguete circular están aquí de novo para salvagardar aquela máxima do marketing que elaboraran os creativos do Imperio Romano, “panem et circenses”. Pan e circo para os que teñan oxidado o latín. Quero aclarar que...

A Festa do Pulpo do Carballiño

A ver. Non ten absolutamente nada que ver que eu sexa de aquí. Pero pódese ser máis espelido do que somos no Carballiño? É innegable que somos ben botados para adiante e a atrevidos hai pouco quen nos gañe. Por que? Pois a ver. Xa hai que ser un pobo especial para basear a túa maior festa e grande parte da túa...

Spain is not Catalonia

Como xa comentei na anterior parrafada publicada neste xornal, veño de pasar uns gratificantes días por terras catalanas. Despois de moito devanar os miolos, tirei a sesuda conclusión de que, as contas electorais da leiteira, dos ínclitos señores Rayoy e Puigdemont, foron a principal causa do enquistamento da...

Pero sigo siendo el rey

Afirmaba Mel Brooks que “é bo ser rei”. Facíao o actor-director caracterizado como monarca francés do século XVIII nun dos seus delirios en celuloide titulado “A tola historia do mundo”. A frase viña ao caso despois de atacar a unha cortesá coa lascivia propia de alguén cuxos apelidos se escriben con números...

El é un can e ti es un porco

Desoladoras. Non son quen de atopar outro cualificativo para as imaxes aparecidas nos medios de comunicación de moitas praias despois do que case se podería denominar, atendendo ao macabro espectáculo, a Apocalipse de San Xoán. Para que non as vira, baste con dicir que había alí moito máis lixo que nun deses...

Deica logo, Alfredo

Comezo a escribir estas liñas co corazón encollido polo inevitable. Sentado nunha incómoda cadeira desas que gardan as camas do edificio que todos coñecemos como “a residencia”, por moito que certas cabezas matinadoras se obstinen en renomealo con siglas que parecen un espirro.  Estou a carón dun home que...