Un abrazo de 83 años

Corría a primavera de 1935. Manuel e a súa dona, Mercedes, acababan de apadriñar a unha sobriña do seu irmán Enrique, na parroquial de  Santiago de Amoroce. Puxéronlle de nome María. Era primavera alta e aínda que descoñezo os motivos concretos da viaxe e os detalles propios da travesía, o que si sei...

Un tenista

Se non me falla a memoria -e penso que non- souben del, alá polo ano 2011, cando a final da Copa Davis enfrontou ó equipo arxentino con el como capitán e ó equipo español, con Rafa Nadal como estrela. Algún medio de comunicación -isto si que non o lembro- sinalou a súa dobre condición hispano-arxentina, mellor...

A cama de Castelao

Xa teño feito noutras ocasións, nesta mesma columna, a miña condición de descreído inconoclasta que fai que relativice moito os símbolos -os iconos- que nos representan colectivamente en moitos ámbitos vitais, dende unha bandeira ata o mesmísimo rosario papal deses que venden coma rosquillas nas tendas de souvenirs...

Unha parella de baile

Cando souben da viaxe a Buenos Aires, alén daquelas sensacións incontrolables que un non é quen de dar previsto ata que non se enfronta directamente con elas -fundamentalmente aquelas que teñen que ver co contacto humano- fixen tres propósitos relativamente sinxelos de conseguir. O primeiro, o de comprobar,...

... e por qué non?

Logo de ter visto, lido e escoitado ó longo dos últimos anos unha manchea de veleidades populistas chegadas fundamentalmente das distintas cabezas pensantes da cúpula patriótica -é unha palabra que lles gusta- de Podemos, nantronte pola noite lin unha proposta que non me deixou indiferente, pero neste caso dende...

Sinalizar que?

Reparei hoxe -onte, para vostede- nunha fotografía reproducida neste mesmo xornal na que se informaba da recente instalación dunha nova sinalización (sinalética, chámanlle os puristas da xestión turística postmoderna) nun lugar que agora non lembro e que non trato de lembrar porque resulta inocuo para soster o...

Benquerido “Pi”

Lémbroo coma se fose hoxe mesmo. Xa choveu. Vaia se choveu! Eu vivía daquela nun piso da avenida López Blanco da miña vila, agora rebautizada con outro Blanco, pero de nome Miguel Ángel, a quen Ourense -aproveito para dicir de paso- non ten aínda no estado de presencia social que ben merece. Ti tiñas xa,...

O Marisquiño e as súas consecuencias

Ven a conto, o relato que lle vou desenlear, ó fío dos desencontros que están tendo lugar no Parlamento Galego, por mor desa comisión de investigación sobre o suceso que tivo lugar no verán vigués e que provocou a caída inesperada ó mar dunha morea da mocidade asistente a un dos espectáculos do coñecido festival do...

Once?

Leo no xornal de hoxe -onte, para vostede- que once alcaldes "urxen a mellora do vial fronteirizo polo Xurés". Once? Pregunteime de contado, con énfase de pregunta retórica. Deberían ser os 92 -contestei, arroutado-, ós que habería que lles sumar os recíprocos de Tras-Os-Montes e do Alto Minho que fan...

Tapando baches

Denantes de devalar pola pendente pola que hoxe quero esvarar, permítame -benquerido lector- poñer os bois por diante do carro e non ó revés, e trasladar publicamente o que xa fixen en privado, é dicir, darlle os meus máis sinceros parabéns ó bo e vello amigo e compañeiro nestas páxinas, Afonso Vázquez Monxardín,...

Botar ou votar

Cando eu era un neno de pantalóns curtos (un amigo meu dime de cando en vez, que nalgúns aspectos aínda o son hoxe) e ía co meu pai ás feiras, acostumaba a escoitarlle unha expresión que agora repito eu, con certa frecuencia, para os meus adentros, sobre todo cando lle escoito a alguén pedir gratuitamente a lúa....

Se eu fose pintor

Hoxe pídeme o corpo esbozar un cadro literario. Poñamos por caso, un home situado á fronte dun precipicio. Se fose quen de manexar o pincel e os temples sobre o lenzo máis ou menos como vou manexando as letras sobre o teclado, hoxe esbozaría trazos grises e grosos que asemellasen néboa cubrindo un chan marrón...

Cen anos de... Vilavidal

Agora que felizmente se despexou a incógnita da celebración do festival de cine de Ourense, por máis que polas circunstancias precedentes, deba ser unha versión reducida, leo no xornal de hoxe (onte, para vostede) a presentación dos actos de conmemoración do centenario da fundación dunha localidade denominada...

A arte de enconicar espazos

Cando eu utilizaba a estación do tren de aquí para alá con relativa frecuencia, toda a explanada que dá fronte por fronte co edificio terminal estaba completamente valeira, de forma que ti chegabas e mal que ben sempre atopabas un oco máis ou menos acaído onde estacionar. De súpeto, de hai uns anos para aquí,...

Territorios creativos

Andamos estes días a reflexionar sobre ese concepto postmoderno que ten sido dado en chamar "territorios creativos", ó fío do cal eu me teño preguntado se poderiamos afirmar sen medo ningún a cometer un erro, se debemos considerar a Ourense como un "territorio creativo". Baste dicir, para empezar, que un...

Palmeiras na neve

Polo de agora non teño logrado ver a película que leva por título o mesmo que sostén esta columna, cousa que non quere dicir que xa a teña desbotado das miñas opcións fílmicas e paso de contado a explicar por que. A primeira vez que tiven ocasión de vela pasoume unha cousa ben curiosa -mellor dito, simpática-...

O petulante

Había unha vez un home que creu ter nacido sinalado polo dedo do poder divino para ser un día unxido como líder da manada. Viu a luz por vez primeira nunha familia da burguesía funcionarial madrileña, coma tantos outros que hoxe en día reparten progresía por arrobas cada vez que teñen ocasión de nos demostrar...

O cadeliño de Feijóo

Se a memoria non me falla e penso que non, aseguraría que non estiven máis dunha vez na residencia oficial do presidente da Xunta, en Monte Pío. Foi na época de Pérez Touriño como presidente, con motivo da celebración dun Día de Galicia, cando unha parte do goberno programaba pola tarde e a outra...

O corazón no puño

Non son eu un comprador compulsivo pola rede, por máis que considere algúns dos beneficios que este tipo de mercado directo contempla, tanto para o vendedor -que abre ata o infinito o seu mercado- como para o comprador, que tamén ten moito largo campo para ver e comparar denantes de mercar. En todo caso, se...

A derradeira lección

Non é que entre as miñas afeccións ocultas estea a de seguir os discursos do presidente da Xunta, coma algúns siguen, de aquí para acolá, á orquestra Panorama. Digamos que, coma todo fillo de bicho vivinte, teño as miñas manías, pero esa non é unha delas. O cal non obsta, loxicamente, para que despois de máis...