Sen límites

Teño claro que emitir un xuízo sobre unha obra de arte con criterios morais é  empobrecedor e castrante. Por esa razón faise interesante separar a devandita obra da persoa que a creou. Sobre todo se se pretende  elaborar unha historia obxectiva da produción estética que inclúa as aportacións máis...

Puño poético de Yolanda

Yolanda Castaño está novamente en racha. A poeta sorprendeunos este ano cunha nova publicación. Trátase dun libro que integra algúns dos seus poemas máis coñecidos acompañados das imaxes de corenta dos nomes máis salientábeis da ilustración galega. Figuran, por exemplo, os veteranos Miguelanxo Prado (1958) ou Siro...

Tódelas mulleres que coñezo

Tódalas mulleres que coñezo, o filme de Xiana do Teixeiro, ofrece a posibilidade de abrir o debate nos centros educativos ao respecto dun tema candente: a violencia contra as mulleres. Contra todas. Sen excepción. Independentemente da idade, da clase social, da formación e do tipo de vida. Consecuentemente, este...

Filosofía nas aulas

Na opinión de María José Guerra “La Filosofía tiene un rendimiento transversal” porque permite formar e entrenar o alumnado na argumentación e na crítica. Isto está en relación directa coa capacidade de discernimento que cómpre desenvolver para diferenciar, entre outras cousas, aquilo que é xusto do que non o é....

A danza da morte: climax

O máis interesante do traballo de Gaspar Noé (Arxentina, 1963) é a experiencia estética que nos proporciona. Aí está Climax, que vén de gañar no Festival de Sitges o premio ao Mellor Filme precisamente por esta razón. En efecto, Climax impacta. É fácil experimentar certo rexeitamento ante algunhas escenas....

Girl: unha adolescente atrapada

Avida de Lara -interpretada por Victor Polster- en Girl, a primeira fita de Lukas Dhont (Gante, 1991), recolle parte da experiencia vivida por Nora, unha adolescente trans que conseguiu facerse un oco como bailarina malia os obstáculos que tivo de afrontar. Dhont, que acaba de entrar pola porta grande co seu filme...

Dorothea Tanning

Marabillosa. Dorothea Tanning (1912-2010) atrapounos co seu imaxinario. Conseguiu crear con cada imaxe un relato visual do que podemos participar libremente construíndo na nosa cabeza un antes e un despois para o contemplado, malia a sorpresa que nos causa esa atmosfera bizarra. Bizarra no sentido de arriscada,...

Á espera de cuerda

Acinefilia está de noraboa. Parece que no mes de novembro pasarán nas salas de cinema o novo filme de José Luís Cuerda. Tiempo después presentouse neste último Festival de San Sebastián, e, segundo as opinións, xa publicadas en diferentes medios, podemos ter a seguridade de que o director volve á liña surrealista...

As distancias, de Elena Trapé

Elena Trapé vén de levar a Biznaga de Ouro en Málaga polo filme Les distáncies. Nel, a directora catalá pretendía “hacer una película sobre el rencuentro de un grupo de amigos”. De amigos? A verdade é que nese grupo algo falla. A relación que manteñen, en apariencia harmoniosa, está deteriorada. Todos, agás un...

Animación xaponesa en Netflix

Yonebashi, ao fechar Ghibli, onde traballou ao carón de Hayao Miyazaki -o xenio da animación xaponesa- en filmes como A viaxe de Chihiro ou Ponyo no cantil, decidiu montar os estudos Ponoc, nos que realizou e produciu Mary e a flor da Bruxa. Esta fita é unha adaptación dunha novela de Mary Stewart, escrita e...

Discurso do odio

Eis un documental ben interesante para que reflexionemos sobre o que adoita acontecer, con máis fecuencia do que se podería pensar, nas redes sociais. “Cuando la red no es social”  pretende poñer o foco nese discurso do odio que parece florecer no twiter ou no facebook. Trátase de discursos xenófobos,...

Jennifer Kent en Valencia

Jennifer Kent iniciou o seu camiño como directora de cinema coa curtametraxe Monster. Foi no 2005. Anos despois, no 2014, esta curta foi adaptada pola directora co título The Babadook, unha fantástica fita de terror que conseguiu manter en tensión o público durante 94 minutos. Fácil de dicir pero difícil de lograr....

Case 40

Con case 40 os personaxes deste novo filme de David Trueba volven atoparse despois de vinte anos. Un encontro no que agroma certa nostalxia. Ben medida, pero nostalxia. Percibímola, sobre todo, no personaxe interpretado por Fernando Ramallo, que aínda non parece ter madurado como se podería agardar hai 30 anos, por...

Pederastia: abusos

Escándalo. A Corte Suprema de Pensilvania vén de publicar un informe con 301 casos de sacerdotes que abusaron de menores nos últimos 70 anos. Este informe consta, polo de agora, de 1.356 páxinas. No entanto, para elaboralo, o xurado tivo de revisar medio millón de documentos internos da diócese durante os últimos...

A plantación

A plantación, o proxecto xestionado por Elisa Pereira, contará con Pedro Costa este verán. Será a finais deste mes. Dende o martes 28, ao domingo 2 de setembro. En total 6 días. Non está nada mal. A verdade é que Elisa Pereira ben merece un aplauso polo labor que realiza como dinamizadora cultural no ámbito da...

Xela Arias

Dende a Plataforma feminista A Sega propúxose a candidatura de Xela Arias para o Día das Letras do 2019. Esta plataforma, que leva xa dende o 2014 intentando dar visibilidade ás autoras galegas co seu Día das Galegas nas Letras, fixo fincapé na calidade e interese da escritora e tradutora viguesa cuxos libros...

O Quixote de Terry Gilliam

Despois de moitos anos -dende 1989, que foi cando comezou co proxecto- Terry Gilliam conseguiu realizar a súa adaptación da novela de Cervantes El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha. Esta fita, que clausurou o Festival de Cannes deste ano, chega ás carteleiras arrodeada de certa polémica. O británico foi...

De necesidades

Que Alberto Núñez Feijoo dixese: “A verdade é que me parecía que a señora Pontón estaba moi necesitada” reflicte non só unha actitude machista, mais tamén unha falta de educación grave. Non creo que este tipo de misivas teñan valor nigún como argumento nun debate. Son un intento de ataque persoal. Intento porque...

Villages visages

Caras e lugares explora territorios da Francia menos coñecida polo público, esa que nin é cool, nin o pretende. Agnès Varda (Bélxica, 1928) e J.R. (París, 1983) percorren, nun singular camión-cámara, parte do Hexagone na procura de caras e lugares, tal e como indica o título. Esta parella constitúe un tándem...

Dhogs, de Andrés Goteira

Andrés Goteira case fixo o pleno ao quince nos Mestre Mateo. De 15 estatuíñas levou 13. Case nada! Alén disto, Dhogs xa recibira outros premios nos Festivais de cinema de Sitges, Londres e Bos Aires. Ante un éxito así, o primeiro que o público podería preguntarse é se a cousa é para tanto e paga a pena ir vela. A...