Marcho para o Canadá

Mentres os políticos andan xa a toda mecha para acadar votos para o 28 de abril, un servidor andou a coller experiencia para marchar definitivamente para O Canadá. E creo que a collín. Creo sinceramente que xa podo ir de leñador para o país americano. Xa me considero un profesional da machada. Por algo experimentei...

En pé de obras

Hoxe, por calquera concello que pases, están en pé de guerra. Digo de obras, de rúas levantadas, de limpezas xeneralizadas, de obradoiros a darlle cun sacho, de cuadrillas dálle que dálle (é dicir, danlle dous e miran cinco ou máis). Ó final va sei verdade iso que xa empeza a ser unha ladaíña... que debería haber...

Unha promesa ó apostolo

Xa hai moitos anos, moito tempo que facer os camiños de Santiago está de moda. Non sei como serían polo ano 1926. Creo que serían máis ben por cumprir promesas. Máis ou menos como aconteceu coas novenas en honor á Virxe de Os Milagres. Agora, tanto o xacobeo como as novenas penso que se realizan máis ben por aquilo...

O bárbaro de Hollywood

Se digo John Milius a maioría da xente pensará tan só en “Conan, o bárbaro” (como director) ou como moito en “Apocalypse Now” (como guionista). Fóra diso, John Milius creo que é un completo descoñecido. E non debería. Porque John Milius foi un xigante cinematográfico. Un tipo de dereitas, amante das armas e...

A color da soidade

Quere chover sobre a conciencia dunha folla seca, pero é o sol o que asoma por entre unhas enxivas vermellas. Cantas veces desexamos o que non podemos ter! Canto silencio hai nun pensamento que vai e vén polos carrís, polas relleiras dunha memoria chea de retranca ou de desolación. Sempre temos un lado escuro no...

As viaxes galácticas

Esta noite ás dez cantan os grilos e os catro astronautas do planeta Inocencia despegarán para poder chegar á Terra coa caída da folla. Coa caída da folla do ano 2123. Porque o planeta Inocencia non está á volta da esquina; está incluso moito máis alá do universo. E sabemos que hai distancias que son infinitas. Ou...

Os blablablás políticos e... de Piqué

Asemana pasada foi unha máis na que os blablablás políticos imperaron sobre a realidade social, sobre o vivir diario de cada español. Promesas electorais sobre programas que, co paso do tempo, non se cumprirán. En todas as convocatorias se manipulan datos e se fan estudos sobre educación, sobre sanidade, sobre...

Fanático da orde

Xa está. Xa deixo correr os dedos sobre o teclado do ordenador para escribir este Pingas. Que pasará como a maioría das veces: que nin idea de que, pero que, á hora da verdade, sempre poño un punto final. Xa o dicía o noso Cela, que iso da inspiración era unha pallasada, que o que hai que facer é plantar os cóbados...

Rebentar como una castaña

Sobre o monte de Pinouzos de Baños de Molgas empezou a chover con forza e no alto da Chaira viña correndo Raimundo Consello Lagaña. Pantalón de deporte, camiseta de deporte e unha pequena pucha sobre a súa cabeza. O fillo da Valiña levaba anos correndo porque nunha arroutada que tivo ante unha copa de licor café...

Andei rapidiño

Andei rapidiño polo camiño. De noite. Era noite pecha. Andei rapidiño coa intención de atoparme coa Santa Compaña. Pero tan só vin a un escornabois contemplando os biosbardos. Iso penso. Ó mellor estaba contemplando a lúa na fase de cuarto crecente. Así estaba o noso satélite sobre un ceo clariño e cheo de...

Paraíso sensual

Entre os grandes creadores cinematográficos, non hai unha soa carreira semellante nos seus inicios. Algúns directores tardan décadas en demostrar o seu talento, o seu xenio, pois non todo o mundo empeza con “Cidadán Kane”, 1941, de Welles, ou con “Os 400 golpes”, 1959, de Truffaut. No caso de Ingrid Bergman...

Afogado nunha canle

Viaxar de noite é case coma andar ós toupos. Pódeste perder. E máis por eses carreiros e camiños que había a principios do século pasado. Que foi o que lle aconteceu a Pedro Vázquez Carballo, natural e veciño de Vilameá, no concello de Baños de Molgas. O día 16 de xaneiro de 1926 marchou cara á Ourense, andando,...

Recompensa á súa loita

Ovenres foi o Día Internacional da Muller. O Día da Muller Traballadora. O Día da Muller. Houbo manifestacións por todos os lugares habidos e por haber. Co principal lema da igualdade. Cada vez que lía este lema en pancartas ou nos xornais ou na televisión, víñaseme á cabeza a miña nai. Principalmente polo da...

Desbordado polas présas

Desbordado polas opcións. Desbordado polas présas. Aconteceu hai uns días, cando o ceo asomaba con nubes de algodón e, ós cachos, mares de néboa facían poñerme en tensión ó conducir camiño da aldea da muller, alá na parroquia de Macendo. Ó chegar, axiña empezou toda a carallada agrícola desta época. É dicir, que o...

Escaravellar na moral

Felos que veñen e van. Carautas nas caras dos máis cativos. Tempo de Entroido. Nubes no ceo. Cambio climatolóxico ás portas. Coches que pasan coas luces acendidas. Empeza a ser noite. O repartidor dos donuts anda a descargar donuts. Un home cruza por un paso de peóns e un coche espera a que cruce o home. Videoclips...

O entroido dos anos 60

Ó mellor erro na miña apreciación, pero penso que o Entroido xa non é como era. Na maioría dos lugares. Agora véxoo como máis artificial, como máis turístico. Cando eu era rapaz, polos anos 60, vivíanse doutra maneira. Certo que, naqueles tempos, non tiñan a repercusión de agora, porque tampouco lla deixaban ter. É...

Animal de costumes

Odía que queira outra cousa, mándoche un correo electrónico ou bérroche desde a Finca Fierro”, díxenlle ó camareiro que me puxo o café sobre a mesa. Porque, ó entrar, e mentres me sentaba, quedou mirando para min desde a cafeteira para que lle confirmase se quería café. Eu sempre quero café! Son animal de costumes....

A liberdade de Farahani

Nun tronco de carballo

Sento nos restos dun tronco de carballo camiño do muíño do Dositeo e dáseme por pensar nun neno africano cruzando o Mediterráneo. A vida ás veces dá labazadas que te enterran. Ou que te afogan. Sinto o canto da rula e deixo que o meu pensamento choute do neno africano á fermosura do paxaro. Como cambian os soños en...

Un sentimiento eterno

Quero ver o mundo desde o alto dunha verza e observar o inferno somerxido entre catro palabras de auga e tres descansos eternos. Sempre haberá por quen rezar uns responsos de afliximento. Aínda que algúns lanzarán foguetes ó ceo. Quero facer malabarismos sobre o sedela dunha cana e berrar ós catro ventos que algún...