Torre de Sande, en Cartelle

Cartelle é un dos concellos ourensáns regados polo río Arnoia, emisario, polo marxe esquerdo, do pai dos ríos galegos, o Miño. A historia de Cartelle está intimamente vencellada con Celanova e co noutro tempo poderoso mosteiro beneditino existente na vila que conxuntamente con outros, exerceron o seu poder e...

Torre de Puga, Toén.

Pola rede autonómica OU-402, pasando Feá, a man esquerda, parte a estrada local cara o pequeno pobo de Puga; un pouco máis adiante, no lugar de  O Olivar, moi preto do pazo do seu mesmo nome ou das Señoritas de Puga, atópanse os restos dunha construción señorial construído no século XVI vinculada intimamente...

Cruceiros do cemiterio de San Francisco

Dende os inicios do cristianismo os soterramentos dos católicos efectuáronse en lugares sagrados pola consideración cos corpos en graza eran templos de Deus. No transcurso dos séculos e xa contando a comunidade cristián con recintos propios para a celebración dos seus cultos estes soterramentos efectuáronse no...

Castelo de Santo Anxo, O Couto

O neogótico é un movemento artístico manifestado con carácter preferente na arquitectura que acadou o seu apoxeo entre os anos 1830 e 1875. Neogoticismo, clasicismo, historicismo ou ecleticismo son os diferentes nomes con que se designa este estilo cuxo obxectivo principal consiste na renovación e posta novamente...

O remodelado parque da Alameda do Cruceiro

O xardín histórico é un espazo resultante da ordenación polo home de determinados elementos naturais ás veces complementado con estruturas de fábrica que estimulan e acrecentan o interese en función da súa orixe ou pasado histórico, ao que se suma aqueloutros valores, tanto de carácter estético como sensorial ou...

Fortaleza catedral de San Martiño

A Catedral Basílica de San Martín de Tours é de estilo románico oxival; iniciouse a súa construción a mediados do século XII continuando os traballos durante o XIII; engadidos construtivos posteriores responderon ás esixencias do gusto imperante en cada época polo que actualmente nela mestúrase, en perfecta...

Sepulcro do cardeal Pedro Quevedo, rexente de España con Fernando VII

Na noite do día 13 de agosto do ano 1776 facía a súa entrada, de xeito sinxelo, na sé ourensana o seu novo pastor, o doutor don Pedro Quevedo e Quintano, con tan simple aparato protocolario, como di o seu mellor apoloxista Bedoya: “Que venía a caballo en una mula, sin mas comitiva de familia propia que el paje que...

Palacio fortaleza do bispo

Caserón residencial, fortaleza defensiva, casa forte, palacio persoal do bispo, pazos e torres ou Curral do Bispo son algunhas das denominación que mellor definen a este céntrico, histórico, singular e grande edificio de carácter civil edificado no primeiro terzo do século XII, segundo o testemuña o lintel...

A ex abadía da Trinidade

Polo que atinxe á cidade de Ourense, pouco se sabe da súa orixe e aínda menos dos seus primitivos moradores ata a chegada da alta Idade Media. Nun privilexio do ano 1122 concedido por dona Teresa de Portugal ao bispo Diego Velasco (1100-1132) e máis á súa igrexa, dona o termo de Ourense capital ademais de autorizar...

Torre de medieval de Torán

A tan só 12 quilómetros da capital da provincia de Ourense, comunica a traveso da estrada N-525, atópase a capital do concello de Taboadela, municipio que atesoura, entre outros, interesantes atractivos turísticos. Unha vista dende os miradoiros situados no Alto do Castro ou do San Xoán, este último asento dun área...

A torre de Sandiás e a revolta irmandiña

Os restos da torre de Sandiás, visibles dende a autovía A-52 e mais a Nacional 525, foron lugar de enfrontamento nas liortas do rei Alfonso Enríquez, o duque de Lancaster e as máis que xustificadas iras dos Irmandiños, acompañado polo enigmático e conflitivo Pedro...

A historia do Belén de Baltar

Unha cita obrigada para todos os ourensán ademais daqueloutros que nos visitan o constitúe o magnífico belén de Arturo Baltar exposto na capela plateresca dos santos menciñeiros Cósmede en Damián, sita na praza do seu nome. A tradición do belén,...

Torre da Pena

Castelos, fortalezas e torres así como outros tipos de construcións militares tanto de carácter preventivo como de vixilancia dunha determinada comarca, coñécense dende a máis remota antigüidade. Recintos amurallados, parapetos para protexer os palacios e residencias...

Monterrei, unha fortaleza con moita historia

Ocastelo fortaleza de Monterrei cumpriu, cumpre e posiblemente cumprirá o seu cometido de resistir o inevitable paso do tempo manténdose en pé, tan por contra a outros similares que, desgraciadamente por diversas causas, acabaron as súas pedras convertidas en canteiras ou utilizadas na...

Torre homenaxe do castelo de Viana do Bolo

Unha bonita lenda supón a fundación de Viana do Bolo por parte de emigrantes gregos tras a guerra de Troia no ano 1119 a. C. A dominación romana fomentou a explotación mineralóxica desta terra na procura de ouro, tal e como aconteceu na mina de Caldesiños, considerada como...

Ruta dos viños de Galicia e Norte de Portugal

Se o noroeste de España é distinto do resto do país é, sen dúbida, a causa do seu clima, influenciado pola proximidade do océano Atlántico e máis do mar Cantábrico. Atopámonos en tempo de vendima e bo será dedicar un traballo...

Fortaleza de O Bolo

O llando cara os paraxes nos que se erguen os desafiantes castelos lémbranos as silentes testemuñas dunha pasada historia na que se mesturan utilidades defensivas, protección de lugares de paso, sen esquecer a misión de garduñar gravosos tributos sobre os máis indefensos...

Castelo do Castro, en O Barco

Ergueitos sobre altas montañas e outeiros desafiando o paso do tempo, os castelos e as fortalezas, así como as fachendosas torres do medievo, durmidas durante séculos, son mudas testemuñas dunha historia xa pasada na que as envexas, ambicións e falcatruadas atopábanse...

Manzaneda, vila medieval

O Concello de Manzaneda sitúase entre a denominada elevación montañosa coñecida como Cabeza Grande e mais o río Bibei, enclavado na Galicia sur oriental da provincia de Ourense, adscrito á Comarca da Terra de Trives. O acceso ao concello realízase pola estrada...

Gulías, mestre do modernismo

A historia atopase repleta de singulares persoeiros que ao longo dos séculos deixáronos relevantes mostras tanto dos seus coñecementos como do seu bo facer profesional a traveso de todas aquelas obras ca súa maxina soubo reflectir.  A historia da arquitectura é complexa...