Opinión

Sen complexos

O que Israel está a facer en Gaza é, tecnicamente, un xenocidio. E non pasa nada, nada, aparte de que xa van centos de palestinos mortos. Deles, máis de cen nenos, todo este horror como represalia polo asesinato, do que aínda non se coñecen os autores, de tres mozos israelís, que tampouco ten, evidentemente, xustificación algunha.

Cando o Estado responde contra a poboación doutro país para castigar un asasinato, execrable, sen dúbida algunha, o salto cualitativo é impresionante. Chámase xenocidio, como en Bosnia, como en Ruanda, como en tantos outros sitios … ¿Qué está a pasar cos dereitos humanos? Hai unhas décadas se pisoteaban por algún rexímenes totalitarios, pero non existía a xeralización en termos que estamos a vermos e coa pasividade culposa da comunidade internacional.

Menudo eufemismo, o de “comunidade”. Dá a sensación de que toda a doutrina humanista se está a ir polo retrete ao paso que marca o salvaxismo neoliberal, individualista e excluínte. ¿E ese epicentro en Oriente Próximo dende hai más de dous mil anos? ¿Non poderían Deus, Yhavé e Alá sentárense un chisco, fumaren a pipa da paz e arranxaren isto? Porque teremos que encomendarnos a eles xa que ningún instrumento creado polo home é quen de para-la barbarie, nin aí, nin en Ucrania, nin en ningures. Agás que haxa petróleo, claro. ¿Lémbranse vostedes dunha cousa que se chama ONU e das súas famosas e inservibles solucións? Parece que todo está en ebullición e ao final remataremos escaldados.

Por certo, a semana pasada , en Castela A Mancha, a súa presidenta deu un golpe de Estado institucional, cambiando a composición do Parlamento rexional que sairá das próximas eleccións, nunha burda operación para intentar palia-lo resumible desastre electoral do PP en directo, non en diferido, nesa comunidade autónoma. Ademais de reducir de xeito significativo o número de parlamentarios -se fixeran o mesmo en Cataluña ou en Euskadi o PP non entraría no seus parlamentos- deixa aberta a distribución por provincias para fixala antes das eleccións. ¿Segundo as enquisas, malpenso? Doutrina Aznar. Sen complexos.

Te puede interesar