Opinión

A volta do meu amigo

No momento en que Alán e máis eu estabamos facendo os bocadillos para xantar sobre unha mesa de pedra das Mestras, oímos un ruído xordo procedente da Pitediña. Sen practicamente ver o que era, xa souben ó instante quen era. Era o meu amigo alieníxena que aterrara o mes de xuño de 2017 no mesmo lugar e que os meus veciños ataran a un carballo das Mestras, de onde eu o conseguira liberar. Botei a correr para abrazar ó extraterrestre. E si, tiven que facelo con moito coidadiño porque, non sei se lembraredes que, o pobre, era moi pouquiña cousa. Faleille na linguaxe que nin eu mesmo coñecía para saber por que volvera e por que o fixera tan axiña. El tamén me falou nunha linguaxe estraña pero que lle entendía todo. “Pois nada, díxome, cheguei e volvín. Conteille catro cousas ós meus sete pais e ó momento xa empecei a chorar... porque te botaba de menos”. Quedei alucinado. Veña oh, non sexas esaxerado; así lle dixen. Insistiu de tal maneira que non me quedou outra que crelo. Presenteille ó meu fillo. O alieníxena sorriu a abalanzouse a Alán para darlle uns bicos. O rapaz, como non sente a miña paixón polo máis das estrelas, acochou detrás de min e tan só lle chocou a man.

Te puede interesar