Opinión

Actuar de oficio

Acabo de ver pola televisión, por dúas veces, unhas imaxes dun presunto afeccionado do Betis golpeando en Bilbao a unha persoa porque si, porque lle deu a gana. Había tres mongoloides (non se merecen outro nome) actuando nos feitos: o que zoupaba, o que se ría e o que gravaba desde un móbil. A Ertzaintza xa sabe quen son, pero seica non poden facer nada porque o golpeado non denunciou.

Manda truco en Baños de Molgas! Ó mellor non denuncia pois, por exemplo, por medo (xa sabemos que o medo é libre) ou porque non quere verse envolto en tales barafundas. Pero hai certas actuacións, certos actos nos que, aínda sen delacións, a fiscalía tiña que actuar de oficio e meterlle un castigo exemplar a eses energúmenos, incluso meténdoos no presidio. Primeiro meténdolle man á economía de cada un (que é onde máis nos doe) e, logo, a polos a rezar de xeonllos na praza da cidade ata que se quedaran sen nos ósos.

É que se non se lles fai nada, volverán actuar. Polo que dicían, creo que o atacante xa actuara máis veces. Así, normal.

Te puede interesar