Opinión

Aínda hai tempo

Entre o Mohamed e o Cardoso están fundindo ó Celtiña. E co cadro de xogadores tan bonito que ten. Xa sei que é unha barbaridade, señor Mouriño, que na mesma temporada haxa tres adestradores, pero eu ficharía a outro. Aínda hai tempo para salvar a hecatombe. Como non fiche a un terceiro, xa empezo a ver ó Celta na segunda división. Xa postos a pedir, por que non ficha tamén a David Ferreiro. Élle de Baños de Molgas. Fala galego. Polo que se entendería moi co Aspas e co Brais Méndez, ou sexa, co crack e cunha xoia. Brais Méndez, Aspas, David Ferreiro; uff, que dianteira! Si, xa sei que o Ferreiro renovou polo Huesca, pero nisto do fútbol... xa sabe, todo consiste en “soltar a pita”, como se adoita dicir. No fútbol e na vida en xeral, entende, non si? Aínda hai tempo de reconducir esta situación que vai por mal camiño, que pinta mal. Ten que facer algo por nós, por estes afeccionados que estamos a sufrir horrores. Porque as súas derrotas doen. O seu xogo empeza a dar pena. E co ben que xogaba o Celtiña! Ó ritmo da Rianxeira. Debe estar libre o Berizzo. Que volva, por favor. Con el daba gusto. Aínda que se perdese, faciámolo xogando ben, moi ben. Veña, por Deus, hai equipo para estar máis arriba, moito máis arriba. Nin a falta do Aspas se tiña que notar tanto...

Te puede interesar