Opinión

Apuntar e disparar

Outra masacre máis nos Estados Unidos. E van…? Un xa perde a conta. Es as que quedarán. Mentres non saquen unha lei na que prohiban o uso das armas, os ianquis seguirán matando discriminadamente. Pero quen se atreve a sacar esa lei? O poder dos do rifle é moi longo, máis longo aínda que o propio rifle. Pais que lles ensinan ós fillos a disparar. Pais que lles mercan armas ós fillos.

E agora chegarán os “entendidos” para botarlles a culpa ós xogos violentos, ás películas violentas. Non serán capaces de dicir que tales xogos e cales películas é pura ficción, que a auténtica realidade está na mente humana. E a mente humana sábese, sóubose sempre que é retorcida. Se un rapaz non ten unha pistola, non ten con que disparar. Como moito learase a puñadas con alguén. As puñadas non adoitan matar. As balas si. As balas incluso acenden a ansiedade do sangue. Cantas mortes leva consigo a loucura dunha adrenalina que bate e bate na mente dun mozo? Coa de formas que hai para descargar esa adrenalina…! Agora botan as mans á cabeza. Máis axiña o pai porá a pistola nas mans do fillo e daralle a orde de apuntar e disparar.

Te puede interesar