Opinión

Asesoramento sobre a saúde

Quéirase que non case todos os días se atopa un na prensa con algunha noticia que chama poderosamente a atención, e fóra xa dos, chamémoslle, circuítos políticos ou deportivos, que creo que son os que máis se seguen. O outro día atopeime con que o 60% dos galegos buscan pola Internet asesoramento sobre a saúde. Case me entra a risa! Porque non precisan da Internet! Que me consulten, que se dirixan a min. Que se empezas a tusir: dous traguiños de auga da burga de Baños de Molgas e quedas coma novo. Que se tes unha ferida, por exemplo, dunha fouce: colocas a ferida baixo o cano da burga de Baños de Molgas e deixas que a auga quente limpe toda a infección. Faino nun chiscar de ollo. Que se tes reuma: uns baños coa auga da burga de Baños de Molgas, e ó pouco corres máis ca un galgo. Asesoramento pola Internet. Que Internet nin que rabo de gaitas! Auga da burga de Baños de Molgas e xa verás como non morres nunca.

Te puede interesar