Opinión

Auga milagreira

Cando Maldras Rei Cachazudo mirou para as escaleiras de pedra que baixaban á burga de Baños de Molgas pensou que o mundo se lle viña encima. Viunas tan pendentes e tan perigosas que botou un paso para atrás e tardou en reaccionar. A ver, as escaleiras non son perigosas porque incluso por alí baixaban as vacas cando se enrellaban nun pezuño e había que meterlle a ferida na auga bicarbonatadosódicas para que lle curase en pouco tempo. O que era un perigo era o propio Maldras, que se cambaleaba como unha vara de vimbio a causa do licor café que aniñaba xa nas súas entrañas. O noso protagonista bebía de raio. Empezaba de mañá cedo e percorría todos os bares existentes na estrada principal de Baños de Molgas. E eran uns cantos. Claro que, antigamente, eran outros cantos máis, e outros, e outros; case se dicía... cada casiña, seu bar. Eran outros tempos. Maldras Rei botoulle peito e baixou, a modiño, pero baixou, con perigo pero baixou. Bebeu tres grolos do cano e...

Te puede interesar