Case todo é lei de vida

Case todo é lei de vida

Non puido ser. Croacia puxo o fútbol e Francia os goles. Moitas veces isto é lei de vida. É como aquel que rebenta por traballar e os cartos lévanos outros. E como o que vota coa intención de que alguén levante este país e, despois, resulta, que o votado apaña os cartos para certos paraísos fiscais. Se case todo é lei de vida. Iso de que o débil vence ó forte, de que David venceu a Goliat foi unha trasnada de alguén que escribiu a Biblia e que pensou que os habitantes do futuro serían parvos. Algo de parvos si que temos; porque seguimos crendo que o modesto lle gana ó poderoso, ó potentado. Ata no partido no árbitro arxentino lle botou unha man ós franceses, ó grande: nin era falta, nin era penalti por moito que lle dese na man. Pero, calquera vai en contra do poderoso! Case todo é lei de vida. Menos mal que a natureza pon a cada un no seu sitio... no momento de entregar a Copa, aí apareceu ela, poñéndoos a mollar, pingando para dicir que esa final ganouse tormentosamente,  a base de catro lóstregos franceses por dous arcos da vella croatas. Que un foi dun regalo do Lloris? Pero dous dos outros foron un agasallo da arbitraxe. Croacia non mereceu perder desa maneira. Pero, que empece xa a Liga!