Opinión

Chega o tempo de durmir fóra

Palmira Domingos Ramos intuía, sabía que lle estaba chegando o tempo de durmir fóra, é dicir, no cemiterio, ou sexa, baixo unha fría lápida de mármore gris. A súa idade non era para botar foguetes ó aire. Estaba máis cerca dos 100 que dos 90. Palmira Domningos Ramos, a Doniña, nacera na aldea de Alabastro, parroquia de Santa María da Malladoira. Nunca saíra da aldea. Nunca. Nin tan sequera para buscar mozo. Foi este quen a atopou unha tarde de inverno na que el se perdera polos montes da contorna. Ela axudouno e Dámaso Domador Silveira soubo ó momento que casaría con ela. Casaron. E a partir de aí o índice de natalidade de Alabastro subiu como a espuma; anos tras ano alcanzaron os 15 fillos. Segundo Palmira Domingos non saíu nunca da pequena aldea, dos seus fillos non quedou ningún nela; todos emigraron a países estranxeiros. A Doniña leva moitos anos sen ver á maioría deles. E tamén intúe que cando lle chegue o tempo de durmir fóra, algúns nin a acompañarán na súa derradeira viaxe.

Te puede interesar