Opinión

Coma un cesto barreleiro

Anena Pandora Lustre Camiño caeu coma un cesto barreleiro tan axiña como deixou de apoiarse no cristal da cafetaría. Pero coma todos os cativos, caeu ben, caeu de cu. Agora os nenos nunca se mancan nesa parte do corpo. Ata hai que recoñecer que, agora, incluso dá un chisco de gusto darlle un azoute no cu a un neno; non lles doe.
Os cueiros destes tempos amortecen un azoute e algo máis ca un azoute. Ollo ó dato: uso azoute con todo o cariño do mundo, como cando miña mordía ós nenos nas meixelas de tanto que os quería. Eu saio un chisco a ela; non os mordo, pero doulles unhas apertas tan fortes que teño medo a rompelos. Pero é que onde estea un neno... Falando de cueiros; imaxino os dos anos 60. Que dis, home, acaso levaba eu cueiro? Nin cueiro nin farrapo de gaitas! O cu andaría ó aire a maioría das veces e as outras... as outras, pois iso, con farrapos ou que os calzóns aguantasen o que lle botasen. E os pantalóns. Ata nos nomes cambiou o asunto; de calzóns pasaron a slips. Queda máis fino. A nena Pandora Lustre Camiño ergueu traballosamente pero axiña volveu caer coma un cesto barreleiro. Non lle quedan caídas!

Te puede interesar