Opinión

Contrasentido no Código Penal

Madalena Grega Castiñeira ri a cachón diante do xornal que ten aberto na barra do bar. Ri tanto que ten que botar as mans á tripa para calmar esa forte tensión que se forma naquela cando se comete un gran esforzo. Cando se ri a cachón hai que afirmar que se move incluso a alma e algo máis. Madalena Grega Castiñeira tardou un bo cacho en deixar de rir. Pero a nova que acababa de ler deixouna tan abraiada que non lle bastou coas gargalladas e quixo compartila coa dona do bar, Naila Grande Segundo, que, a maiores, era amiga íntima. “Escoita, escoita!”, berroulle aínda con cara de asombro e cun gran sorriso nos beizos. “Mira que contrasentido máis parvo. A ver cómo se bebe isto. Resulta que o Congreso aprobou a reforma do Código Penal sobre matrimonios e relacións sexuais (e aquí ben o bo), poñendo as vodas ós 14 anos e a virxindade ós 16. É para rir a cachón, non si?”, preguntouse para si mesmo e para a súa amiga. Agora foi Naila Grande Segundo a que case cae ó chan partíndose de risa.

Te puede interesar