Opinión

Doce menos algo da noite

Doce menos vinte da noite. Unha estrela quere ensinar as súas puntas, pero unha nube negra interponse e dille que se largue para outra feira. A lúa vella, que está a velas vir, sorrí e chíscalle un ollo ó molgués que escribe. Hai cousas no ceo que non semellan deste firmamento. Agora cada quen que entenda o que lle pareza. Doce menos cuarto da noite. Ella Fitzgerald dille a Louis Armstrong que xa está ben de tanto actuar xuntos. Que iso eran outros tempos. Que agora xa vai sendo hora de que cada un actúe por outros universos. Hai artistas que che son ben raros. Non son as doce menos dez porque aínda só pasaron dous minutos das menos cuarto. Así é que a outra leira, molgués. A que un moucho pousou fronte a miña casa e mírame coma se non me mirara. Pero eu ben sei que me ve. É bonito de carallo! Hai paxaros noitébregos que che asubían un vals para que e e máis eu quedemos contentos. Quedamos.

Te puede interesar