Opinión

Estrela sen aspaventos

Gregory Peck encarnou á perfección os ideais de Estados Unidos a mediados do sé- culo XX. Era, como o seu país entón, forte, xeneroso e digno. O avogado Atticus Finch, ó que lle deu vida en “Matar a un reise- ñor”, segue sendo o heroe favorito dos estadounidenses. Dedicou os últimos anos da súa vida a axudar e a animar a actores mozos de teatro, e mantivo ata a fin o respecto case universal dos seus contemporáneos. Morreu hai xa once anos.

Eldred Gregory Peck naceu en California en 1916. Os seus pais divorciáronse cando tiña seis anos e quedou baixo custodia paterna. O pai era farma- céutico e traballaba pola noite, motivo polo que o pequeno Eldred viviu cos seus avós. Ós 10 anos enviárono á Academia Militar Saint John, nos Ánxeles; a súa estancia alí, adoitaba dicir, ensinoulle a importancia da autoridade. Estudou medicina, pero ó licenciarse, en 1939, de- cidiu seguir as súas auténticas vocacións: a literatura e o teatro. En 1942, xa como Gregory, debutou no teatro de Broadway e casou con Greta, a súa primeira muller, coa que tivo tres fillos.

Con el, todo semellaba fácil. O seu primeiro éxito en Hollywood chegou só dous anos despois, con “As chaves do reino”. Converteuse nunha estrela sen o menor espavento e sen buscar unha publicidade que non ne- cesitaba: traballou con Alfred Hitchcock en “Recorda”, con King Vidor en “Duelo ó sol” e conEliaKazanen“Acordoen- tre cabaleiros”. Esta última película, acerca do antisemitismo, empezou a convertelo en referencia moral de Hollywood, e valeulle a súa primeira candidatura a un Oscar.

Os anos sesenta consagráro- no definitivamente, como actor e como cidadán. En 1962 rodou “Matar a un reiseñor” e ganou o Oscar pola súa interpretación, o defensor dun mozo negro inxustamente acusado de vio- lación nunha cidade racista do Sur profundo estadounidense. Dixo moitas veces, despois, que “Matar a un reiseñor” era o seu mellor traballo e a súa película preferida, pero non tanto pola denuncia do racismo, senón pola atención que prestaba á educación dos nenos. A partir de aí pódese dicir que os seus filmes foron todos auténticos éxitos,

Te puede interesar