Opinión

Heróes de máis alá das estrelas

Acadada a oposición de astronauta, agora quero que me metan no robot philae para aterrar no cometa 67p/Chryuyumov-gerasimenko. Quero que a sonda rosetta me impulse polo espazo sideral e quero caer nun lugar inhóspito e perigoso. non me importa, gústame o perigo. Hai moito tempo xa que quero ser un heroe, que ando detrás dunha heroicidade máis alá das estrelas ou máis alá do infinito. Que máis dá! non obstante, o peor vai ser cando aterre. Con que me fago heroe? A heroicidade de aterrar é a mesma ca realizada nun aeroporto normal. A heroicida- de de que a aterraxe a leve a cabo nun cometa, pouco maior é que se fora na terra. A única diferenza: un escafandro e un traxe espacial. por iso empezo a rezar para atoparme no cometa cun alien ou cun E.T. estrafalario. prefiro un alien estilo ridley scott a un e.t. made in steven spielberg. si, non estaría mal tampouco un marciano marca tim burton. sinceramente, quero matar un bicho deses, quero ser o heroe de máis alá das galaxias. 

Te puede interesar