Opinión

Lenda do Rock and Roll

Morreu Chuck Berry. O pasado sábado, á idade de 90 anos, morreu Chuck Berry, quizais a última lenda do rock and roll. As cancións de Chuck Berry creo que as coñecín pois desde que puiden oír unha radio ou un tocadiscos daqueles que había nos bares. Pero cando realmente coñecín a Chuck Berry foi cando vin a película "Chuck Berry Hail! Hail! Rock ´n´ Roll" (1987), un documental dirixido por Taylor Hackford e que cobre o concerto que o roqueiro levou a cabo no Teatro Fox en St. Louis, Missouri, para celebrar o sexaxésimo aniversario da estrela. Ó mesmo tempo Hackford relataba a vida e a carreira desta auténtica lenda do rock and roll. Coñecía algunhas cancións del, seguro que as máis famosas, pero vendo o documental, a película descubrín a un auténtico xenio. E iso que, naqueles tempos, 1987 ou 1988, non recordo ben, non era que me desvivise moito polo rock and roll. Pero o documental ía máis alá dunhas simples cancións. Agora, neste ano, ía lanzar un novo disco. A esas idades! Un crack, un xenio, unha lenda. Descanse en paz.

Te puede interesar