Opinión

Madeira e papel

Estaba vendo un programa na televisión e como acabou, apaguei o aparato. Marchei á biblioteca. Fun andando. Puiden coller o helicóptero, pero por medio quilómetro non merecía a pena. Fun andando. Pola beirarrúa. Pola beirarrúa dereita. Desde a beirarrúa esquerda unha muller miroume de mala maneira. Díxenlle ola coa punta da lingua. Non sei cantos papeis traio no peto traseiro do pantalón vaqueiro. Oe, neniño, sabes que o papel sae da madeira? Si, amiguiño, si; duns carballos que fun ver precisamente onte a un souto que, mira ti por onde, non coñecía. Era a primeira vez que fun a esa poula. E fíxeno coa aplicación que teño no móbil do Sixpac. Oe, unha marabilla!, á primeira. Á primeira quere dicir que acertei á primeira. Ten boa leña, si. De aí sairá moito papel para que eu escriba cousas sobre el. Sobre o papel, non sobre a madeira; que tamén pode ser. Ai si, tamén esa leña de carballo pode ser para quentar as partes. A ver!, quen non se escarrancha ante un bo lume diante dunha cheminea. Cheguei á biblioteca e chamei á muller para que me fora buscar co helicóptero. Ter un helicóptero e non usalo tampouco é plan. Chegou ó Mercadona da Valenzá facendo ruído, pero... Pero, iso si, a Maceda vou traballar co coche. Son moitos quilómetros para o helicóptero.

Te puede interesar