Opinión

Tres maneiras de escribir

Teño tres maneiras de escribir. A primeira é deixando correr a tinta sobre o papel. A segunda é pensando nun tema para plasmalo no papel. E a terceira é escribindo porque me dá a gana, como me dá a gana e cando me dá a gana sobre trapalladas que, faltaría máis, deixaría caer, así coma quen non quere a cousa, sobre o papel. Dedución: que para escribir, a tinta e máis o papel, teñen que ir xuntos. Antes era a pizarra e o pizarrín.

Agora tamén pode ser (é máis, incluso creo que está vencendo ó boli e ó papel) o dedo e a pizarra informática ou o dedo e o móbil. Os tempos pasan e todo cambia. Éche lei de vida. Quen o ía dicir! Naqueles tempos da pera ou de mariacastaña. Mira que xa choveu. E máis en Galicia. Aínda que este ano... a chuvia case brilla pola súa ausencia. Non sei que maneira usei para escribir. Creo que a primeira: deixando caer a tinta sobre o papel. A terceira non conta porque no momento en que deixei caer o caderno na mesa da cafetaría era xa coa intención de escribir. A que de verdade non usei foi a segunda: este relato non estaba pensado. Como para pensalo; coa parvada que é.

Te puede interesar