Opinión

Moeda ó aire

OSilabario Bendito dubida entre coller á dereita pola pista da Lama ou das Pedradracas ou seguir de fronte pola estrada que vai a Os Milagres. Queda parado un bo cacho. Dá un paso para un lado. Dá un paso para o outro lado. Opta por botar unha moeda ó aire. Botouna con tanta forza, tan arriba que temos tempo para dicir que O Silabario Bendito non é outro que Filemón Garrido Cangallo. Ninguén sabe de onde lle veu o de Silabario. E menos o de Bendito, porque de Santo, Filemón non ten moito. Mais tampouco imos quitarlle a conduta, é dicir, poñelo coma unhas nabizas. A ver!, chega ben con que sexan os veciños os que saiban de que pé coxea, polo que tampouco é para pregoar os defectos de Filemón. Quen non ten carencias? Pois mira que tarda en caer a moeda! Este Silabario... Aínda nos vai caer a nós na cara. Por se acaso ímola vixiar, non vaia ser o demo. Aí vén! Aí vén! Aí vén! Chapouna ó voo. Mirou e viu que saíra cara. Pero claro, cal sería o desexo do Silabario Bendito? Debeu dicir: se sae cara, collo á dereita. Porque o noso amigo púxose a andar cara ás Pedradarcas. Boa viaxe, Silabario.

Te puede interesar