Opinión

Na busca de Bettina Rodríguez Aguilera

Lañá mesmo empezarei a buscar o paradoiro da republicana estadounidense Bettina Rodriguez Aguilera, que seica contactou varias veces con extraterrestres. Eu si que quero contactar con ela para saber como fixo. Buscounos e chamounos ela ou foron eles os que, desde as alturas, lle botaron o ollo. Segundo me diga, así o fago. Porque eu tamén quero comunicarme cos alieníxenas de máis alá das estrelas, ou máis alá do infinito. Vai ti saber! Xa me dirán eles de onde veñen e a onde nos dirixiremos. Porque, ó mellor, só están por aquí de pasada. Ó mellor ían camiño de Xúpiter, por exemplo, e xusto ó pasar por enriba do Monument Valley albiscaron a Bettina e dixeron: esta é a nosa ocasión, a de descubrir e investigar noutros seres extraterrestres. Porque, claro, se para nós, os de máis alá das estrelas ou máis alá do infinito, son extraterrestres; digo eu que, para eles, nós tamén pertenceremos a máis alá das estrelas ou máis alá do infinito. Claro que, ó mellor, igual nos chaman papafilloas e non extraterrestres. O asunto ten o seu aquel. Ai Deus, que emoción!; coas ansias que teño de viaxar polo espazo sideral, aínda sen ser astronauta. Bettina, fai unha fogueira e manda sinais de fume que alá vou.

Te puede interesar