Opinión

No día do libro

No día do libro a xente asomou polas redes sociais coas típicas felicitacións e desexos dun bo día á beira, por suposto, dun libro. Eu recoñezo que tamén puxen algo, é máis, puxen isto: "O mellor desexo deste día do libro é coller un e poñerse a lelo. Eu téñoo enriba da mesa e mentres se prepara a muller para ir tomar o cafeciño domingueiro, vou a abrilo pola páxina 266 e a seguir...". Iso fixen. Ó volver do cafeciño seguín de novo con el ata que me chamaron para xantar. Logo da típica cabezada ou pequena sesta que me gusta botar, baixei para a rúa para seguir lendo andando, unhas veces, e sentado nun banco, outras, ata que o rematei. Subín para a casa, tombeime na cama e, zas, iniciei xa a lectura dun novo libro de case 700 páxinas ata que chegou a hora do clásico. É dicir, gran parte do día lendo; o que entendo que é a mellor felicitación ou celebración deste día tan importante. Tamén entendo que souben compaxinar o fútbol coa cultura. Pódese, vaia se se pode!

Te puede interesar