Opinión

O ruído do mar

Omar. Que é o mar? O mar é unha enorme cantidade de auga que fai ruído. Algunhas veces ponse medio tolo e outras vólvese calmo, manso, sosegado. Pero sempre con ruído. Aí está o choio: o ruído do mar. Cando a xente, no verán, fala das vacacións todos os pensamentos tiran cara ó mar, pero coa mente posta nas praias.

A min non me gustan as praias. A min gústame o mar, o ruído do mar. As prais, meu Deus!, con toda esa area apegada á pel!, que non sae nin cunha boa ducha. Mentres que se me sento na peneda dun outeiro ou no bordo dun acantilado, ai amigos, aí, en silencio, escoitando o mar, o ruído do mar.

E ten cada son! Contemplo, si, esa infinidade; pero chega o momento en que a ollada xa non dá máis de si, mentres que o ruído, o estrondo ou o ruxerruxe desas ondas que van e veñen está aí de continuo. Canto me gustaría pasar unha noite de inverno nunha aldeíña da Costa da Morte, por exemplo, para escoitar o ruído... o ruído do mar.

Te puede interesar