Opinión

Unha palabra tras outra

Ninguén me di nada por que estou calado. Estou calado porque non falo. Non falo porque non teño nada que dicir. Dicir din aqueles que falan. Mais non sei que din. Hai xente que, aínda que fale moito, non se lle entende nada. O mesmo, o mesmo que o autor que escribe. Tamén é verdade que outros cunha palabra ou cunha curta frase xa expresan un mundo, xa se lles entende todo, tanto oralmente como na linguaxe escrita.

A todo isto, que estou contando? Nada. Absolutamente nada. Tan só escribo palabras. Unha detrás doutra. E punto pelota. Deus, como odio esta expresión! A de punto pelota. E, non obstante, ultimamente estouna usando bastante a miúdo. Ou moi a miúdo. É igual. Teño que empezar a corrixirme. Vou ter que arrestala. Non procede soltar parvadas polo simple feito de soltalas. Xa; pero cando non hai inspiración ou cando non hai moitas ganas (ou ben por canseira ou ben polo que sexa), non queda outra que poñer unha palabra tras outra. E punto pelota. Procurarei que sexa a última vez. Xa, pero do dito ó feito...

Te puede interesar