Opinión

Pecados mortais e veniais

Con todas as canles televisivas que hai e levo case unha semana sen ver películas. A programación é tan pobre e tan repetitiva que me digo que estou moito mellor escribindo, escoitando música ou lendo. E iso que son dos que vexo as mesmas películas unha e outra vez. Pero claro, se a maiores de velas xa varias veces, se xunta que a calidade nmon é nada do outro xoves, pois apaga e vámonos. É verdade que ás veces o fútbol adoita acabar cando xa algunha peícula está empezada, pero aínda así hai outras canles nas que dá tempo de velas logo do partido, pero... para que?, para aburrirme? Máis dunha vez se me altera o sangue porque sei de todas esas películas catalogadas de obras mestras que ninguén se atreve a proyectar porque, economicamente, non compensan. Tamén me mosquea moito que as novas xeracións non saiban nada do cine mudo ou do cine negro dos anos 40 ou das grandes películas musicais. Hoxe en día, trapalladas de acción e estupideces de terror.

Te puede interesar