Opinión

Poñerlle as albardas ós burros

Hai xente lista ou moi lista. Hai xente, que non é que sexa burra, pero si algo parrulos. Hai xente espelida ou moi espelida. Hai xente, que non é que sexa pasmona, pero si algo indiferente. Os empresarios vigueses (que no caso que vou a tratar serían os comerciantes) seica lle piden ó alcalde que manteña a iluminación de Nadal durante todo o xaneiro. Ante esta solicitude hai que recoñecer que os listos ou moi listos e os espelidos ou moi espelidos son os empresarios ou comerciantes. E os case burriños ou parruliños e os case pasmóns ou indiferentes son todos os demais paisanos de a pé, porque, maioritariamente, serán os que paguen o presumible excesivo recibo da luz.

Uns poucos vivindo á conta dos pombos e moitos dándolles de mamar ós aproveitados, ós sambesugas. Haille que recoñecer ó Caballero que deu o gran golpe neste Nadal 2018. Pero, claro, á conta de... E como el sabe toda a repercusión que carrexou o asunto, pois... que máis dá un mes máis. Sempre hai quen pague a factura da luz. Total, o de sempre neste país noso: que algúns saben moi ben como poñerlle as albardas ós burros. E os burros, claro, achantan e apandan coa carga.

Te puede interesar