Opinión

Por ese universo infinito

Hai uns días, de mañá cedo, xusto ás oito menos vinte, baixando de Piúca para Maceda, e en tan só un lóstrego, vin unha forte luz como se fose unha estrela fugaz. Sería unha estrela fugaz? Creo que non. Seguro que era unha nave alieníxena que viña a recollerme. Sen dúbida souberon da miña busca de Bettina Rodriguez Aguilera (a estadounidense esa que dixo que contactara con extraterrestres), para que me dixera a forma de comunicarme con eles. Vivo obsesionado con atopalos, con facerme amigo seu e con convivir con eles; máis ben para que me leven por eses planetas deixados da man de Deus, ou por esas estrelas, ou por eses buracos negros, ou por ese universo infinito. Así é que, tan axiña como desapareceu a luz, acelerei o coche e fun na procura do ovni. Non sei, pero deume a impresión de que puideron aterrar entre Barxela e Pías, ou por detrás dos Milagres, pero achegándose máis a San Mamede que ó propio santuario. A emoción estábase apoderando de min. Mira que se, por fin, contacto con eles. Seguín acelerando para buscar a nave extraterrestre.

Te puede interesar