Opinión

Sentidiño nos erros ortográficos

As redes sociais choutaron coma cans de presa sobre o erro ortográfico do rótulo que anunciaba o Hospital Univesitario de Ourense. Eu fun dos que nin comentei nada nin me burlei de tal erro, porque sei que unha palabra mal escrita asómanos a calquera nun ou noutro comentario. Pero cando días despois me atopei cunha nova foto na que nos ensinaban unha Cuna de Transpote, aí xa asimilei que ó mellor o erro en Univesitario non era tal. Ó mellor o paisano que escribiu os letreiros non daba para máis. Ou é dos que se comen as "erres" por problemas de linguaxe oral ou porque ten fame. Outra das opcións, por que non, tamén puido ser que o paisano pensase que estaba escribindo nun móbil. Creo que xa todos sabemos como se escriben os guasaps. A min con todo o que me gusta ler, paso as de Caín para saber o que che poñen ás veces. Deixando a mofa á parte, hai que ter un poquiño máis de sentidiño cando se escribe algo para obras desta envergadura, principalmente tan expostas ó público.

Te puede interesar