Opinión

Soñando cunha aguia

Déitate coa cara lavada e así poida que soñes coas ás dunha aguia. Iso pensou Saturnino Saleroso Mormo, porque levaba tempo sen ver unha aguia e intuía que ó lavar a cara todo iría sobre rodas. O caso é que non sabía de onde sacara esa idea. Hai tres días cando estaba a facer unha andaina pola carreira das Pedradarcas creu ver unha aguia e nunha centésima de segundo véuselle á mente o de lavar a cara para deitarse. Saturnino Saleroso Mormo ás veces non rexía ben. Iso dicían os veciños, claro. Pero xa sabemos todos o que se di dunha persoa cando fai ou pensa algo raro. Ou o que é o mesmo, cando non chove a gusto de todos, dicimos que é por culpa de Saturnino, O Apaiolado. Menos mal que o pobre Saturnino aguanta todo o que lle boten. Sempre aguantou. Algúns veciños aínda se rin e se mofan cando se tirou tres días seguidos diante da xunta das vacas alá polo Piual porque o seu pai lle dixera que non se movera ata que el volvera. O seu pai foi por tabaco e embarcou para as Américas. É certo que hai veciños que non teñen conciencia.

Te puede interesar