Opinión

Teño que saír para ler

Que canseira, meu Deus! De durmir. Deste día morriñento. Está demostrado que, para ler, teño que saír da casa e andar, ou moverme pola cociña. Pero ler na cama mátame redondo. Topeneo unha e outra vez ata que deixo o libro e, ale, a dar unhas cabezadas. E canto máis escangallado está un, peor é. Non queda outra, entón, que erguer e facer algo. Pero levántome cunha nugalla tan grande que penso que se pillo a cama... Non queda outra, logo, que erguer e agarrar o ordenador para facer algo; por exemplo, isto, escribir o relato. Para elo levo a cabo un ora pro nobis rutineiro, mecánico: collo o ordenador; mentres se inicia, pillo os auriculares e dous diccionarios que teño; pillo un libro de versos galegos para colgar no feisbuq un poema; pillo dous listados de cancións para escoitar mentres escribo ou mentres fochico nas redes sociais. Un listado é dos egrexios, dos meus temas capitais; o outro listado é de músicos de jazz. Estounos escoitando e escribindo. Despois, para ler, teño que saír, pois a cama...

Te puede interesar