Opinión

Que todo sexa por ela

Oreloxo marcaba as seis e media da tarde. Lucas Alopecio díxolle a súa dona Ludivina Gargaxo que marchaba mercar o pan e algunha que outra cousa máis. Esta comentoulle que se non se paraba a tomar café, tamén saía ela para achegarse a un centro comercial que había preto. A Ludivina Gargaxo non lle apetece moito o meterse nun café, mentres que o seu home si é de café e de ler os xornais ó mesmo tempo. Pola mañá xa lera un, pero faltáballe o outro. Adoita ler dous ou tres ó día. Pero xa que ela quería saír... que todo sexa por ela. “Veña, non paro a tomar café”, lle dixo. Así é que a súa muller cambiouse un chisco de roupa e marcharon a dar unha volta e a mercar. De paso que ían deixaron uns zapatos dela na zapataría para que lle puxeran unhas tapas nos tacóns. Logo xa mercaron o pan, outras cousas e, claro, achegáronse ata o centro comercial. A ver!, o que diga ela vai á misa.
 

Te puede interesar