Opinión

Traballan os pombos

Cada vez que o penso sóbenseme os bemoles ás entrañas. Cada vez que penso que o suor do noso traballo vai todo para os políticos é como para clamar ó ceo. Estamos a pagarlle a cinco administracións! Concellos. Deputacións. Xunta de Galicia. Goberno Central. E Comunidade Europea. Antigamente nin tan sequera cobraban os alcaldes. Agora cobra todocristo. Desde o concello máis despoboado ata un conxunto de estados membros de non sei qué. Algúns pensarán: eran outros tempos, agora hai outras responsabilidades (que xeralmente se lle pasan a empresas privadas) Pero aínda así, quen os mandou presentarse? E se queren un soldo por elo, hai a opción de facer unha oposición.

Concellos de menos de 2.000 habitantes e cobran practicamente todos! O das Deputacións xa non ten nome. Iso si que é sangrante. Para que serven? Eu sei ben para que existen. E vós tamén. Pero... Pero traballan os pombos para que unha boa morea de políticos de todas as clases vivan como Deus á nosa conta. Algún día todo isto rebentará. Seguro! E oxalá rebente. Xa estou ata os...

Te puede interesar