Opinión

Troita á espreita

Son a troita que espero debaixo da carrancoña á altura das Mestras para contemplar o campanario da igrexa de Baños de Molgas. Vexo ó pescador lanzar o anzol, pero non pico. Son moi lista! Doulle ás aletas e nado ata a desembocadura do río Sor co Arnoia. Alí quero acougar durante uns instantes, pero non hai corrente. A min e creo que a todas as troitas nos gusta a corrente. Subo de novo ata a pasarela que cruza o Arnoia, á altura do fondo da Pitediña. Alí si boto un bo tempo, porque alí vai rápido o río. Non moito, pero vai. Doulle á cola moi suavemente e contemplo ós bañistas que están tombados ó sol no campo das Mestras. Hai bañistas para darlle cun sacho. Pero eu nin tan sequera quero asustalos cunha fouce. Pobriños, dánlle vidiña a aquel lugar. Aínda que sei que algún, se puidera, ben que me amolaría. Mais para iso sempre estou á espreita. Cada vez que escoito batuxar na auga, coidadiño, nado vertixinosamente uns metros e despois comprobo o motivo desas ondas que fai o río. Ó mellor é un simple caxato de amieiro, pero...

Te puede interesar