Opinión

Unha promesa ó apostolo

Xa hai moitos anos, moito tempo que facer os camiños de Santiago está de moda. Non sei como serían polo ano 1926. Creo que serían máis ben por cumprir promesas. Máis ou menos como aconteceu coas novenas en honor á Virxe de Os Milagres. Agora, tanto o xacobeo como as novenas penso que se realizan máis ben por aquilo de... non sei, de inercia, case en plan turístico; ou simplemente por chamar a atención, por dicir: fixen o camiño ou fun ás novenas. Antigamente, esas viaxes facíanse polas promesas que un se facía por certas situacións ou momentos angustiosos, tristes, mal dados. O 5 de setembro de 1926 asomou en algúns xornais galegos a nova de que o oficial da Garda Civil retirado, don Antonio Porto López, e co obxecto de cumprir unha promesa, acababa de chegar a Compostela no coche de San Fernando, un pouquiño a pé e outro pouquiño andando, e nada máis e nada menos que desde o lugar no que residía, na aldea de Vide, no concello de Baños de Molgas. As crónicas non din nada máis, pero entendo que a viaxe levouna a cabo porque “algo” lle saíu ben, xa que o esforzo de ir andando desde a súa casa ata o Apóstolo non é como para realizar unha andaina se o obxectivo da promesa fora negativo.

Te puede interesar