Opinión

Aínda se pode facer unha etapa máis dura

A etapa foi dentro do esperado. Gran parte do pelotón, que ten tempo perdido, quere entrar na fuga e así sucedeu. Tardou dúas horas en formarse, non é o habitual, pero pode pasar porque a escapada ten opcións de chegar. Finalmente, tivo que tirar Movistar porque meteuse Pinot e non querían que o corredor se metese na parte alta da xeral. Tamén axuda o percorrido porque é duro. O trazado é de media montaña con moito desnivel. É certo que entre os mellores da clasificación é complicado abrir diferenzas. Chegaron poucos no grupo principal, pero sen cortes. 

Coñezo a zona toda da etapa de adestrar por alí. Dende a Rúa o Canon do Sil. Son estradas pequenas, con moitas subidas e baixadas e incluso é complicado ir nas baixadas porque hai tiróns dentro do pelotón. Na zona aínda pódese facer unha etapa máis dura, para ver diferenzas entre os favoritos, quedaba facer un último porto algo máis duro e existen varias opcións por alí. Sobra dureza.

No que vai de Volta, o Movistar está controlando moito a carreira e aparece Nairo Quintana como principal favorito. Esperan ó tríptico do Cantábrico que é onde se farán as primeiras distancias. O que creo é que estará moi axustada a clasificación porque van varios ciclistas con opcións e cun nivel similar. Os que teñen máis opcións son os tres colombianos: Quintana, Urán e López. Están moi fortes. A partir de aí, destacaría a Lideran, é o máis forte na contrarreloxo. En todo caso, depende do que pase nas tres etapas de montaña a partir do venres.

Te puede interesar