A Praza das Damas

A Praza das Damas

A Praza das Damas é un dos rincóns máis atractivos do casco vello de Auriabella, situada no cerne da mesma  e limitada pola Praza Maior, a do Trigo e a porta sur da catedral. O Concello de Ourense, en sesión plenaria do 1 de febreiro de 1898, decidiu dar o nome de Modesto Fernández á antiga rúa Tetuán, tamén coñecida por Praza das Damas e, anteriormente, da Froita. A Igrexa proxectara para ela a construcción dun claustro, nunca realizado. Tivo un patio de laranxos. Foi o cardeal Bedoya, xa enfermo, quen fixo unha férrea defensa da praza.

Modesto Fernández e González, nado en Ourense o 15 de decembro de 1838, estudou a carreira de Dereito e Administración Pública nas Universidades de Santiago de Compostela e na Central de Madrid. Foi funcionario dos ministerios de Fomento e de Ultramar; nomeáronno delegado de Facenda en Madrid en 1884; morreu exercendo este cargo o 18 de decembro de 1897. Colaborou en xornais (Heraldo Gallego de Orense, Ilustración Gallega y Asturiana de Madrid, Tierra Gallega de La Habana) e publicou varios libros, o principal “La hacienda de nuestros abuelos”. Utilizou o seudónimo de "Camilo de Cela"  nunha publicación adicada ao poeta celanovés Castor Elices. Promoveu en 1877, en Ourense, un premio literario en galego que gañou Manuel Curros, premio que ascendeu á cantidade de 500 pesetas polas obras “A Virxe do Cristal”, “Unha boda en Einibó” e “O gaiteiro de Penalta”. 

Ático Noguerol engadiulle ao debuxo que ilustra este artigo o seguinte texto:

Soportales de la plaza de las Damas hoy calle de Modesto Fernández, le llaman también Plaza de la Fruta.

Es curioso un escudo y un patio con fuente de la casa de los Colemanes. El escudo representa la Casa de los Gayoso.

Esta quijotada o chafallada es una de las industrias que había en esta ciudad y que desapareció por completo, eran industrias particulares y se dedicaban a hacer cordones entrenzados de lana, algodón, seda é hilo, de varios colores. Estos colores eran según el santo ó santa a que estaban dedicados, sujetando el hábito. También hacían cordones para los estandartes y para los pendones, algunos de oro, por lo menos color del oro, porque yo, desde aquel entonces no sé como es el oro.

Esta lámina representa una mujer haciendo cordones en los soportales de la casa de D. Luis Coleman. Estos Colemanes, ó sean los Perez Bobos, eran y son, pero eran, y debían ser las personas de más porte o postín, es decir, debían tener todo, eran ricos, eran de influencia y tenían el perjuicio de la religión (…)

Pero vamos á la industria, había siempre debajo de los soportales tres ó cuatro mujeres haciendo cordones y había un hombre pequeño que le llamaban Sr. Benito. Á este, cuando estaba mas entusiasmado haciendo esa calceta, le dábamos carrachos en el pescuezo… A las que se dedicaban á esta industria le llamaban cordoneiras, que se diferencia á los que vendían cordas na feira que le llamaban cordoleiros.

Nesta praza das Damas tamén vendíanse cestas, obxectos de madeira e a froita.

En relación coa Praza das Damas e a casa dos Gayoso, Otero Pedrayo dinos:

Alegre, cordial, en su mezcla de pueblo e hidalguía, como guardando algo del rumor del antiguo mercado, la plaza, presidida por la graciosa balaustrada del patín Sur de la catedral, se extiende irregular y en cuesta flanqueada al Sur por los viejos soportales que enlazan con los del Espolón de la plaza. (…) El caserón de la antigua familia Bobo ocupa gran espacio. Sobre su portalón, que abre un correcto y noble patio, campea el escudo de los “Tres peces”, arma de  los Gayoso.

Es un ejemplo de antigua morada orensana e indecisos límites. En sus bajos, hubo célebre comercio de mercaderías propias del culto y de las familias de rango y decorada vida. Entre las sedas, áureos tejidos, terciopelos, tisúes, platas, hasta ceras, dialogada, célebre, escuchada y temida tertulia, alto parlante de nuevas, monopolio de sorpresas, archivo de cuentos, criba de rumores, censura y sátira de la actualidad. Entonados caballeros, siempre algún canónigo de hebilla de plata, sin faltar el indispensable bufón y correo de malicias, tejían y destejían el tapiz de la actualidad, en parte, con hilos de todos colores proporcionados por el estrepitoso mercado que envolvía el comercio entre las baratijeras de los soportales y las pescantinas, fruteras y todo el mundillo de la plaza de la Magdalena.

O propio Otero informounos que un dos inquilinos do edificio foi o seu amigo Florentino López: “Cuevillas, coa súa santa nai, viviu na vella, resoante, esparavanada casa de Bobo, con entrada por un amplo portón da empinada praciña das Damas”.

Esta casa dos Gayoso foi adquirida, a finais do século XX, ano 1997, pola Confederación de Empresarios de Ourense ás súas últimas propietarias, Felisa Valencia, da Coruña, e a súa filla, María do Carmen Valencia Taboada, sendo ampliado o solar coa adquisición do edifício que da á Praza da Madalena á mesma María do Carmen Valencia. A Confederación de Empresários de Ourense mantén o seu espírito que o representa colaborando os seus funcionários como o fai Mary Cruz Cambeses Cobelas.

Vicente Risco opinou da rúa Modesto Fernández: “Por aquí subían los señores endomingados a la Misa de Una, después de pasear y platicar en el Espolón”.

Olga Gallego Dominguez no libro “A cidade de Ourense” escribiu desta Praza das Damas:

Na Plaza das Damas encóntrase a casa dos Gayoso, renacentista, cun patio interior con columnas ochavadas, fachada de pallabarro no primeiro andar e escudo dos Gayoso Montenegro do século XVIII [Escudo dos “Tres peixes” (troitas] (...)

A fachada sur da actual casa dos Gayoso, que da a Praza da Magdalena, dásenos como a obra contratada en 1696 por D. Andrés Mosquera de Vaamonde, veciño e rexedor de Ourense e señor de Vilaseco.

A mediados do XVIII, a casa dos Gayoso, na Praza das Olas [ou do Trigo], de un alto, era, por herencia, do conde de Amarante, e tiña 23 varas de fronte por 27 de fondo”. 

A Praza das Damas mantén e, de seguro, manterá o espirito sempiterno de Auriabella.