Opinión

A modiño, señor deputado

Xa queda un pouco atrás a cousa porque os acontecementos deste tempo foron moitos, pero é necesario falar do tema. O deputado de En Marea Fernán Vello chámanos os galegos “pobo ignorante; escravos que votan ao amo, ao cacique, ao que manda, aos de sempre; pobo alienado”, despois dos resultados das eleccións galegas do 25-S. O deputado considera que o pobo galego (qué é o seu) é “ignorante” debido os resultados. Fernán Vello, que seica se considera escritor, foi elixido para o Congreso español como cabeza de lista de En Marea (coalición electoral formada por Anova, Esquerda Unida e Podemos) por Lugo. É polo tanto un representante dos galegos en Madrid. Boa representación fará dos seus paisanos aos que chama imbéciles.

Un dos que se sentiu ferido escribía coa retranca galega: “Mira se é ignorante que te ten a ti de representante”. E por cima, o tal deputado lucense asegurou: que é “ridículo” que o PP, onde “hai unha putrefacción xeral e non dimite ninguén, queira que deixe o escano”. Que desexaba?, que aplaudisen a súa ocorrencia? Parece que so son intelixentes os que o votaron a el. Os demais son parvos, paletos e incultos. Vaia demócrata este! Que se dedique á poesía a ver si así colle fama, porque polo que se ve a política é a que lle eleva a súa conta bancaria.

Mais non é o único que nos aldraxa. A número dous das listas de Podemos por Zaragoza, a xornalista Rosa María Artal, falou do “franquismo sociolóxico” que existe en Galicia. Menos mal que o candidato de En Marea, Luís Villares, reaccionou dicindo que Fernán Vello estivera “moi desafortunado”, pero cree que non debe dimitir. Rematando con unha frase para a galería: “O pobo, cando vota, nunca se equivoca”. “Putos gallegos, aldeanos y paletos”, chegou a subliñar nun tuit. Non lles saíu o que desexaban! Pouca sorte tiveron os coitados. Non lle saíron as contas.

É inadmisible que un galego fale así dos seus veciños e moito mais incompresible que o faga autodenominándose demócrata. En que clase de democracia cree militar este personaxe? Se cadra nunha acracia disimulada que camiña para ningures e que por ese camiño algún día pode chegar a unha ditadura. Demócratas que so admiten ós seus, que todos aqueles que non pensan coma eles xa son inimigos a destruír, xente ignorante e paletos por natureza que nunca van facelle ben ao pobo. No fondo degoiran un mundo no que as ideas contrarias deben ser perseguidas e quizais tamén esnaquizadas.

Triste é sempre falar mal dos da casa, e moito peor condenar e insultar aos que pensan distinto. Isto parece ser o que pensa este home e mal lle vai ir a Galicia se caemos nas súas mans. Por sorte non os votaron a eles, nin falta que fai. Con declaracións semellantes o que están a conseguir é o desprestixio meirande. E xa esta ben! Que se nos trate, maltrate, os galegos como xente de segunda categoría. Xa nos trataron sempre así os de fora aos que Rosalía lles pedía xeito: “Castellanos de Castilla, tratade ben os galegos...” Pero agora acontece que son os da casa os que nos aldraxan. Incrible. Xa estamos cheos dos chistes de galegos pouco menos que os dedicados a Lepe e, por cima, se queren xente traballadora e honrada escollen a un da nosa terra. Os españois cando saen en moitos lugares fanse pasar por galegos para encontrar traballo. Esa é a nosa fama verdadeira.

Neste intre no que nos atopamos o que menos se necesitan son asneiras como esta. A paz social constrúese entre todos, ainda que pensemos de maneira distinta, pero admitíndonos uns aos outros porque a sociedade non é monolítica e se quere ser demócrata teno que demostrar. Preguntouse o Sr. Vello as razóns polas que non votaron o seu grupo? Os galegos sabemos ler e por riba de todo ver...

Lin en internet este comentario: “Galicia y los gallegos somos infinitamente mucho más que las opiniones que individuos como Fernán Bello pueda atribuir al pueblo gallego (un pobre poeta que quiere pero no puede). Dicen por ahí que para ser hay que nacer y cuando no se puede por las buenas, los gallegos ‘listos’ también crecen por las malas). Los gallegos no tenemos culpa de que tu poesía esté caduca y pretendas ganarte la vida a costa del erario público, Sr Fernán. A palabras necias, oídos sordos. Saludos, H.V.C”.

Te puede interesar