Opinión

“As atmósferas” de Otero-Martínez

Un dos marcos culturais da nosa provincia está ubicado na fermosa vila alaricana, sendo punto de encontro de pintores, poetas, músicos e outros artistas. Por se fose poco, a Fundación Vicente Risco acolle multitude de exposicións e actividades de interés, das que quero destacar as pinturas abstractas de Xosé Luis Otero. Recoñezo que a abstracción ademáis de ser desprezada por moitos, sofre o ataque dos que a usan como fraude para intentar acadar fama e e recoñecemento social. Outra cousa é entendela como unha parte importante da expresión persoal, profundamente imaxinativa. Gosto, por tanto, de achegala aos estilos musicais do século XX, afastándome do erro das comparacións absurdas. Con todo, a influencia de cada artista reflíctese na súa creación, pensando que tal vez, transformamos o que xa existe, cos trazos da nosa personalidade e as súas singularidades. 

Neste caso a conxunción de poesía e pintura chama a atención. Porque calquera puidera disfrutar ao escoitar esta poesía recitada na exposición, pero grazas a Rubén Martínez témola plasmada en cada obra. Estas pezas xuntan son capaces de xurdir dunha profunda amizade que cultivan no tempo. Desde que Rubén escribiu a súa primeira novela, “1980 ano cero”, Xosé Luis estudou a posibilidade de facer cousas xuntos, e aquí temos un bo resultado para admirar os elementos plásticos, sen esquecernos da razón, pois parece estar de moda que a sinrazón debera dominar a beleza e na materialización do invisibel, e ese tipo de soños sempre produciron monstruos. Non é o caso destes artitiñas novos que nos da a cidade de Ourense, que desde a humildade e simpatía que desprenden, comparten os seus sentimentos cos demais. Sería bo que repetisen moitas veces esta iniciativa.

Este pasado venres día 23 foi a inauguración da exposición da que lles estou a falar. Polo regular sempre son pesadas se as intervencións son longas e tediosas. Só lles gustan aos propios e as familiares máis achegados. Poren nesta ocasión, coas participacións musicais de Simone (que cantou unha cantiga en italiano), acompañado dun guitarrista ourensano, e coa implicación de María do Ceo, que interpretou dúas cantigas, o acto luciu con luz propia. Todavía hai tempo de disfrutar desta exposición até o día 8 de febreiro. Vale a pena achegarse a vela, na Fundación V. Risco, en Allariz.

Te puede interesar