Opinión

Escapadas galegas

Con motivo do expolio económico duns poucos, que agora pretenden convencernos que se trata dunha crise provocada por todos nós, moitas das saídas destas vacacións de Semana Santa víronse reducidas a menos días e a unha maior improvisación. As reservas dos últimos días fan que as ofertas cheguen a manter os prezos de temporada baixa, incluindo servizos que antes había que contratar por separado. Pero vendo o panorama xeral, resolvín mergullarme na fermosa provincia luguesa, onde as casas de turismo rural son numerosas e una boa alternativa para desconectar do cansancio e ruido das ciudades. Ademáis, na ruta do chamado Camiño de Santiago (mellor sería denominalo Camiño de Prisciliano), hai moito movemento entre os turistas e as xentes dos pobos, que nos informan do patrimonio histórico e material, aínda que non sempre acrediten nel.

Todo o interior da provincia de Lugo é diferente ás demáis provincias galegas. Con tristura lembro una frase que me soltou un alumno hai algúns anos: “As vacas por aquí non pasan”; todo o contrario ao que acontece no Lugo profundo, onde resulta habitual e curioso que teñas que parar o coche para que máis de 30 vacas crucen a estrada cara a súa corte. Pois ben, pasando Monterroso chegamos a Miguel de Penas, no que topamos dous establecementos hoteleiros de prestixio: a casa do Campo e o Pazo de Lourido, ubicados nun entorno ideal para facer sendeirismo ou bicicleta. Na mesma zona hai posibilidade de visitar igrexas románicas en Palas de Rei e Vilar de Donas. Chama tamén a atención, máis ao oeste, o Castelo de Pambre (hoxe en reformas), que sobreviviu ás revoltas irmandinhas do século XV, e na mesma liña temporal, uns quilómetros ao norte, no Concello de Friol, topamos a fortaleza de San Paio de Narla. Nesta parada quero destacar a fermosura do conxunto arquitectónico, sinalando algunhas características especiais. Dependendo da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, a Fortaleza de San Paio de Narla forma parte da Rede Museística Provincial, xunto co Pazo de Tor, o Museo Provincial de Lugo e o Museo de Mar en San Cibrao (Cervo). Nun enclave privilexiado, a atención por parte dos encargados do museo é excepcional, facendo honra á riqueza patrimonial que expoñen e custodian. Na parte baixa mostran os oficios que nun tempo eran prioridade para as necesidades cotiáns: cesteiros, zoqueiros e apeiros de labranza, sen esquecer as dependencias das cabalerías e adega. Na parte alta está a cociña, na que non falta detalle, con moveis típicos, lareira, o forno do pan e até servizo hixiénico. Destacan tamén os cuartos do tear, dormitorio e salón, para continuar subindo ao máis alto da torre.

Quero deixar os meus parabéns a todos os traballadores deste museo-fortaleza de San Paio de Narla, porque animan a que os que xa estivemos teñamos ansia de topar outra hora na que voltar con outros amigos que aínda non coñecen a fermosa provincia de Lugo, as súas xentes e a súa historia.

Te puede interesar