Opinión

A festa de Pazos de Arenteiro

Son moitas as festas na nosa provincia. Algunhas mantéñense ao longo dos anos, soportando e sufrindo a masificación das mesmas. Porén hai outras que nacen co obxectivo de lembrar feitos históricos dos que xa falaremos. Este é o caso da I Festa da historia de Pazos de Arenteiro, pertencente ao Concello de Boborás. Cando souben desta primeira edizón, lembrei ao amigo Xesús Manuel García, e  en calidade de guía oficial de turismo do Concello, dirixiu un roteiro de 3 horas. polo pobo de Pazos de Arenteiro e o seu entorno. No punto principal da festa, os veciños recrearon o acontecido en 1809, na loita contra os franceses. Algún deles dicía: “estábache ben escondida esta historia”, quizáis porque nunca se chegara a trasmitir por “ via oral”. Quen sabe. Do que estou certo é que os participantes traballaron a reo para lograr montar cada escea. Así nolo demostraron aos visitantes, implicándose en cada unha das actividades programadas: obradoiro de xogos populares para os máis pequenos, esgrima ou danzas do mundo guiadas polo grupo Radalaila, foron actividades complementarias nas que a xente disfrutou moito.

Outros momentos importantes foron a arenga de Cachamuiña e a loita final cos franceses. O vestuario era moi vistoso e os insultos aos franceses tamén. Chamábanlle gabachos (fanfarróns, orgullosos, porcos e ruíns). Todo elo rodeado dun mercado medieval e cheo de expontaneidade (que outros confunden con improvisación). Por iso a I Festa de historia de Pazos de Arenteiro foi un éxito. Nel están presentes os que non se ven. Aqueles que estiveron traballando en postos tan importantes como o rapaz que axudaba aos visitantes a estacionar os coches. Baixo un sol de xustiza non perdía un sorriso para preguntar. Ves á festa?

Pazos de Arenteiro ten moito máis que historia: a orde do Santo sepulcro, a Orde de Malta, a de San Xoan, a loita cos franceses, a rúa dos arrieiros, o viño do Ribeiro e o entorno natural dos ríos Arenteiro e Avia. Deixo para o final as súas xentes. A maior riqueza. Destacan coma bos anfitrións, que coidan o pobo con mimo, e fanse querer. Penso que desde hoxe xa comezaron a preparar a segunda edizón da festa, coa mesma ilusión que a primeira. Satisfeitos de que os visitantes falemos e nos gabemos dos fermosos Pazos de Arenteiro, onde nos trataron a todos coma reis.

Adicado aos todos os  veciños de Pazos de Arenteiro

Te puede interesar