Opinión

A memoria dos obxectos

Hai xa algúns anos fixen unha viaxe ao País de Gales, convidado polo amigo Lawrence, ao que coñecera o último día na miña visita ao Condado de West Sussex dous anos antes. No mes que pasei na súa casa, colaborando nunha exposición bíblica itinerante, visitei tamén a capital, Cardiff. Alí había un museo no que no deambular por diferentes cuartos, transportábaste a diferentes épocas..., todo ambientado con obxectos e aparellos de cada periodo histórico. Unha boa experiencia. Este ano, un compañeiro intrépido e dinámico formulou unha idea semellante á vivida por mín en Gales e adaptada ao noso medio. Fiquei impresionado do seu traballo e redactei un proxecto titulado “Memoria dos obxectos da Galiza (1936-1976)”, dándolle forma a un traballo e a un equipo formado por outros compañeiros e compañeiras ao que só me resta expresarlle os meus parabéns.

Un pilar fundamental para o estudo do desenvolvemento social e cultural das persoas pertencentes a un pobo determinado é a valoración individual de cada un dos elementos que influiron nela, desde a súa formación integral. Deste modo, “Memorias dos obxectos” quere partir da realidade local, extendéndose a da nosa Autonomía galega, sen esquecer as iniciativas promovidas ao longo de todo o Estado. O tema principal desta exposición é recuperar a memoria de todos aqueles que viviron unha realidade social anterior á nosa, construindo pontes coas novas xerazóns. Estas persoas non tiñan outra aspiración que conservar un entorno vital excelente para as futuras xerazóns. E con este discurso expositivo, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do CEIP Plurilíngüe do Carballiño, sito na Uceira, xa teñen o apoio de tres concellos: os de O Carballiño, Beariz e Maside, ademáis de seis centros educativos de diversas comarcas: os institutos nº 1 e Chamoso Lamas, o Colexio “Vila do Arenteiro”, os CEIP de Maside e Bearíz e o Colexio “Sagrado Corazón” de O Carballiño. Por outra parte, a Consellería de Educación tivo a sensibilidade de apoiar o proxecto e o conselleiro, Jesús Vázquez, revisouno persoalmente dando o seu visto bó. Sei que non fixeron nada de máis, pero tampouco sería xusto que todo ficara no esquecemento, sabendo que neste caso os alumnos de Primaria e Secundaria poderán experimentar o trasladarse no tempo das antigas barberías, sastrerías, quioscos e até 13 stands representativos doutras xerazóns grazas a dito apoio. Por todo elo, os meus parabéns ao conselleiro e ao seu equipo de gabinete.

Para o mes de xaneiro está previsto o estreno. Logo comezará o itinerancia por todos os centros participantes no proxecto. Agora queda todo un reto por diante para organizar o material prestado ou doado, para cada tema concreto. Pero a maior meta será chegar aos alumnos, e que eles poidan interactuar en cada un dos stands programados. Estou seguro que esa viaxe no tempo axudaralles a valorar doutro xeito aos máis maiores, entendendo as limitacións tecnolóxicas que viviron pero a riqueza das relacións humanas que disfrutaron.

Te puede interesar