Opinión

No día das Letras Galegas

Todos os días son especiais para as Letras Galegas. Hoxe, encarnadas na obra de Carlos Casares, non so poderemos mergullarnos na riqueza da nosa lingua e na figura dun galego perseguido e que loitou pola lingua, senon no potencial que a propia lingua galega ten como elemento de identidade dunha nazón. Non podo acreditar que un pobo queira ser nazón se non ten unha lingua de seu. Ademáis doutros moitos conceitos que posúe un pobo, e dos que agora non toca falar, a lingua forma parte do interior das persoas, sendo o medio para expresar os sentimentos, as emocións e as anedotas. Cantas anedotas nos contou Carlos Casares! Cantas delas ficarán polo camiño! E nese camiño, no que estamos, de normalización e normativización, a nosa lingua sufriu moitos ataques. Grazas ao reintegracionismo seguimos adiante. A AGAL  (Asociaçao Galega da Lingua), logrou que a RAG (Real Academia Galega) dese marcha atrás en moitas das normas que eran tóxicas para o galego. Para iso tiveron que pasar moitos anos. Demasiados. 

Con todo houbo unha negociación que se concretou, nun principio, no ensino do portugués nos liceos. Aínda así, o retroceso global do galego segue imposto polo Decreto 79/2010 de Plurilingüismo, do 20 de maio de 2010 da Xunta da Galiza. A mesma que apoiou o Día das Letras Galegas 2017 para Carlos Casares, olla para outro lado na homenaxe a Carballo Calero. Poucos saben que Carlos Casares apoiaba o ensino do portugués nos últimos anos da súa vida. E deixounos con so 61 anos. De certo que cunha mente aberta como a de Casares, tiña que ser pioneiro na muda dunha normativa oficial sen sentido.

No ano 2001 xa se abriran as negociacións cos grupos reintegracionistas. A normativa non dera os resultados previstos polo asturiano Constantino García. Finalmente o 12 de xullo de 2003 a Real Academía Galega aprobou novas normas nunha sesión plenaria. Estaban máis próximos ao lusismo; xa o dixera anos antes Carlos Casares. Quizáis lembrando a Viqueira ou a Castelao cando dixo: a nosa lingua floresce en Portugal.

Te puede interesar