O maio ourensán

Chegou o Primeiro de Maio, / a Festado Traballo, / e dicen os parados / ¡a festa do carallo! no Concello de Ourense / hai moito cachondeo, / sempre discutindo, / parece un cortello.

Non obstante, / para o Concello ourensán / hai once aspirantes á alcaldía. / O soldo é abundante / para os do bastón de mando, / namentres moita xente / non teñen para caldo.

Así están as cousas, / para os que non teñen poder / e non lles queda outra, / se teñen que foder.

Temos no Concello / vintesete concelleiros, / que con pouco traballo / gañan xeitoso diñeiro.

Falando de fútbol, xa temos / a unión deportiva Ourense, / cun presidente e consello / de administración / que queren que ascenda / a primeira división.

Andan en tratos con Messi / e con Cristiano ronaldo, / que costan cen mil millóns / e cos cobros ó contado. a Messi, polo visto, / lle gusta a Chavasqueira, / pois a auga tan quentiña / di que o pon daquela maneira. Non hai no mundo mozas / tan fermosas como as nosas, / e xa hai que anda dicindo / que na nosa Festa Grande, / na batalla de frores, / o compás da charanga / van a desfilar ¡en tanga!

Penso, meus amigos, / que é millor un pouco de coña / que falar de corrupción /desa que puntualmente nos informa / un periódico que leo / desde que era un neno / que se chama La región.

Xa temos na provincia / 32.000 parados, / e con iste panorama, / non podemos estar calados.

E por si fora pouco, / ¡que calamidade!, / somos a provincia máis baixa / na tasa de natalidade.

Pero os políticos ourensanos, / din que fan e fan, / e todo é un conto, / soio é bla, bla, bla. E con tanto “ jeta”, / máis ruis cas meigas, / deume por cantar, /aínda que non rime, / “apaga o candil, / Marica, chus, chus”.