Opinión

A historia do Belén de Baltar

Unha cita obrigada para todos os ourensán ademais daqueloutros que nos visitan o constitúe o magnífico belén de Arturo Baltar exposto na capela plateresca dos santos menciñeiros Cósmede en Damián, sita na praza do seu nome.

A tradición do belén, tanto en Galicia como no norte de Portugal é enorme segundo o testemuñaba o ben querido e recordado etnógrafo ourensán, Joaquín Lorenzo Fernández,  “Xocas”  Nada mellor cas súas palabras para describir este singular feito: “A costume de amar o Nacemento co Portal de Belén entre as montañas cubertas de carriza e, nilo, o Neno, a Virxe, san Xosé a mula e os bois, os pastores...”.

Os comezos do belenismo en Ourense relacionase cun persoeiro singular, o doutor Relova Estévez. Él foi o primeiro en instalar un cativo belén nunha das salas expositivas do Museo Arqueolóxico Provincial. Posteriormente pensouse en confeccionar un belén propio no que se representara, do xeito máis fidedigno posible, a mentalidade do galego; deste xeito o coñecido avogado don Amando Prada Castrillo, por entón presidente da “Asociación Belenistas de Ourense” no decurso do ano 1967, encargou ao popular e coñecido escultor Arturo Baltar a confección das principais figuras do misterio, trece en total, creadas no seu obradoiro sito nos Baños do Outeiro, sendo instaladas, con posterioridade, baixo os soportais da Casa do Concello, ese mesmo ano malo seguinte. No 1969 decidiuse que a súa instalación retornase  novamente ás dependencias do Museo Arqueolóxico Provincial, de xeito concreto, ó pórtico interior de acceso, con entrada pola rúa do Bispo Carrascosa. 

Desde o ano 1970 ata o 1979 novamente o belén mudou de emprazamento pasando a expoñerse baixo o Pórtico do Paraíso da Catedral de San Martiño. Pero será a partir do 1980 ata a actualidade cando, con ocasión da rehabilitación da cativa capela dos santos Cosme e Damián, así como posteriormente ca adquisición da casa limítrofe, polo Concello de Ourense, cando definitivamente a popular mostra acade un lugar estable para súa exposición permanente cara o público.  

O actual Belén de Ourense, máis coñecido polo nome do seu creador e artífice singular, Arturo Baltar, componse dunha grande cantidade de pezas feitas en axila cocida mesturadas con outras moi curiosas nas que se representan edificios, tanto civís como relixiosos, militares ou lugares de asistencia masiva de xente, como é  ocaso de San Benito de Cova de Lobo co cércano “Tangaraño”, a torre de Vilanova dos Infantes mailo pobo, a igrexa de Santa Eufemia de Ambía ou a cativa capela de San Marcos, en Barbadás. As construccións consideradas como populares ou etnográficas: petos de ánimas, cruceiros, cabaceiros adegas, alfares, palleiros, pombais, fornos, fontes e pontes, teñen a súa representación na mostra; así aparece o peto da Costiña Vella, ou os populares alfares da Tioira; os fornos, das Quintas, etc. 

Nunha mostra tan singular e representativa de toda a bisbarra ourensá non podería faltar a presencia das labores tradicionais ou tarefas propias do agro como a representación do traballo nos socalcos de Toubes, na Peroxa. Por outra banda non debemos esquecer a representación dos tradicionais xogos populares tan en boga noutrora: a chave, diante da taberna, ou o dos curros. As antigas profesións ambulantes dos nosos avós atópanse expostas, para a ledicia dos visitantes, representadas polas figuras do afiador e paragüero, o retratista ou fotógrafo. Tamén contásese ca presenza do vello cantor cego de coplas. Persoeiros, no seu día moi populares dan vida a esta singular exposición; así a Ramona, do “Pencas” desenrolado o seu labor diario, no transporte de maletas no seu carro cara a estación. A parte festiva a aporta o pastor tocando a “requinta” ou o espectáculo dos xitanos co seu popular número da cabra. 

A picaresca atopa a súa máxima expresión na figuriña do neno “cagando” ou na casa taberna da “Carlota” onde coñecidas e populares “señoritas de vida alegre: ”Noalla”, “Cubana” maila “Nonó”, vense acompañadas de singulares persoeiros da nosa  cidade como o popular “Chevitas”      

A composición do Misterio é a tradicional neste tipo de obra: san Xosé a Virxe mailo divino Neno deitado, escoltado polos dous animais tan representativos do Portal,  boi e vaca, aínda que na actualidade non pareza selo; nembargantes o autor da obra curiosamente tamén os acompaña ca presencia de diversos persoeiros ourensáns: o señor Vicente, coñecido polo alcume de “Pitantuchos” vendedor de tarambelos, mailo popular “Pepiño” que, deitado no seu carro de minusválido, realizaba o seu labor de “esmolante” diante da porta das Nais Josefinas.

O anxo da Anunciata, ós pastores representa a dona Ramonita, muller de gran beleza no seu tempo en Ourense. Da complemento a esta singular e popular mostra expositiva, tan característica nestas datas de Navidad, as recreacións murais saídas das mans de dous artistas xeniais: o polifacético  Xaime Quessada Porto e Virxilio. 

Te puede interesar